O Concello de Covelo continua investindo na mellora da rede de saneamento municipal , chegando ao barrio de Carballeda, na parroquia de Santiago de Covelo e ao de Vales, en Maceira.
Como adiantou o alclade, Pablo Castillo, o Concello investirá 69.753,81€ para un novo ramal en Carballeda, outro en Vales, acometidas en Baldomar, Santa Marina e acometida na Ermida, Santiago de Covelo. «Unha rede de saneamento axeitada non só é un servizo indispensable para a cidadanía, tamén supón unha protección do entorno medioambiental», subliña o alcalde, lembrando que «o Goberno local considera unha prioridade o respecto e preservación da nosa riqueza natural«.
Outras novas en vigoalminuto
- La Xunta desaloja la Estación de Autobuses de Vialia y cierra el espacio donde dormían más de una docena de personas sin hogar

- La gran escalera de los Bomberos de Vigo ‘toma’ San Salvador para practicar un rescate en altura

- Vigo Porté abre este martes las inscripciones

- Vacuna de la gripe en Galicia 2026: fechas, quién puede vacunarse y qué cambia este año

- Tapiada por orden judicial una vivienda de la rúa Aragón, convertida en un punto de venta de droga

- Sánchez pide a Caballero que compense el “sablazo” de la basura con una rebaja de otros impuestos

Colectores, pozos de rexistro, reposición de pavimentos
As obras dos ramais suporán executar colectores, construír pozos de rexistro, corte e reposición de pavimentos, limpeza de beiravías e sinalización, con marcas viais horizontais, as marxes do camiño.
Neste ano o Concello de Covelo tamén executou o ramal de saneamento e bombeo en Maceira contando cunha aportación da Xunta de máis de 69.700 euros que permitíu que este servizo chegara a todas as vivendas coa ampliación da rede de colectores. Os traballos incluiron a construción dun colector de saneamento e dun pozo de bombeo, así como a instalación dun cadro eléctrico. Tanto esta intervención como as que se contratan agora materialízase a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinado a apoiar os Concellos nas melloras que repercutran no medio natural.
A estas accións de mellora súmase a axuda conseguida de Augas de Galicia, de 21.874 euros para a realización de auditorías nas redes de saneamento.
Fin de semana de patinaxe
Sen saír de Covelo, o seu Clube de Patinaxe celebra este mesmo sábado o seu Trofeo Cruceiro de Covelo no que participarán máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín e alevín. Deportistas autonómicos e estatais chegados de clubs de toda Galicia medirán as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4, 5 e 6 .
