Deportes

Teresa Portela protagonista da primeira charla do ciclo “Unha vida olímpica”, en Cangas

Seguirán intervencións en Pontevedra, Tui e Vigo, impulsadas pola Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou á padeeira Teresa Portela como “a mellor embaixadora que Cangas e a provincia poderían ter” na apertura do ciclo de conferencias “Unha vida olímpica”, nas que a única deportista española en participar en sete Xogos Olímpicos afonda sobre a importancia e incidencia dos valores do deporte na sociedade desde un punto de vista persoal e tamén da influencia da contorna das Rías Baixas na súa carreira e na súa vida.

Levar as Rías Baixas polo mundo

Este ciclo de faladoiros forma parte da alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo. A xeira comezou este mércores no auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas, a súa vila natal, e continuará nos vindeiros meses, ata final de ano, con tres conferencias máis en Tui, Vigo e Pontevedra.

“Se Aldán, Cangas, as Rías Baixas e a provincia de Pontevedra son coñecidos en todo o mundo é por ti; se este territorio é unha potencia mundial en piragüismo é por ti e se os pontevedreses estamos orgullosos do que somos e podemos ser é tamén por referentes coma ti”, agradeceu Luis López nun auditorio cheo de seguidores de Portela, que tiveron a oportunidade de compartir unha tarde con esta “lenda” do deporte e da sociedade pontevedresa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.