Galicia

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral

Anuncio de Rueda no Parlamento, duramente criticado pola oposición

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral e os prazos de tramitación de solo residencial redúcense á metade. Son dous das medidas que Alfonso Rueda anunciou este martes para facilitar o acceso á vivenda. Estas iniciativas xunto coa multiplicación por tres do orzamento destinado a chan residencial e a construción de vivenda pública, ata chegar ata os 126 millóns de euros, estarán plasmadas nas contas de 2025.

Durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar as liñas estratéxicas dos vindeiros orzamentos da Xunta, o xefe do Executivo galego adiantou que estarán en marcha unha serie de medidas legais de choque para incrementar rapidamente a oferta de vivenda e atallar a actual crise de prezos.

Nesta liña, ás anteriores iniciativas engadiranse outras como outorgar durante un prazo de tres anos a cobertura legal para recuperar os edificios inacabados durante a crise económica.

Duplicar o parque público residencial e dar facilidades á mocidade

O obxectivo apuntou Alfonso Rueda, é duplicar o parque público residencial na presente lexislatura, ata chegar aos 8.000 inmobles, e facilitar o acceso á vivenda a poboación, en especial aos colectivos máis vulnerables.

O presidente subliñou que a mocidade é un dos grupos con máis dificultades na actualidade para acceder a un fogar, anunciou tamén unha medida para mellorar a inserción laboral deste colectivo. Así, sinalou, a Xunta vai elaborar no 2025 a Estratexia Mocidade Activa, dotada de 20 millóns de euros para incentivar a contratación de xente nova e formala para mellorar a súa empregabilidade.

Para Pontón, o presidente dixo un «rustrido de iniciativas xa presentadas»

Para a líder da oposición, Ana Pontón, Alfonso Rueda foi hoxe ao Parlamento a facer un «rustrido de iniciativas xa presentadas». A voceira nacional do BNG pediulle ao presidente que deixase de poñer ao PP por riba de Galicia y acusouno de non ter proxecto de futuro.

Pontón criticou o anuncio de «milleiros de vivendas» que fixo o xefe do Executivo asegurando que detrás delas «so hai un boicot ás medidas valentes que beneficia á xente», como as que aplica o Concello de Santiago para regulamentar as vivendas de uso turístico.

A portavoz nacionalista tamén reprochou a Rueda que renunciase á quita da débeda, e acusouno de non traballar para os galegas e galegos, «vostede traballa para o PP e as empresas amigas» e sinalou como exemplos o «desbloqueo do espolio eólico para que as eléctricas continúan forrándose a costa dos galegos» e permitindo que unha multinacional como Altri poña unha macrocelulosa contaminante, «que, por certo, non quere Portugal».


Tamén en vigoalminuto


Para Besteiro, Rueda «está ao que manda Feijóo dende Madrid»

Para o secretario xeral dos socialistas galegos, Galicia necesita «un presidente da Xunta que aproveite as oportunidades que se abren en materia de financiación» e non un gobernante que siga «o que lle manda Alberto Núñez Feijóo desde Madrid».

José Ramón Gómez Besteiro lembrou que Galicia é a comunidade na que máis soben os prezos y apuntou que si hoxe houbese que pagar a débeda pública habería que empregar o orzamento de todo un ano.

Besteiro acusou a Rueda de «boicotear e torpedear» a aplicación da Lei de Vivenda e pediulle que rectificase, «seguimos agardando que exerza de verdade de presidente e non teña que esperar a que alguén lle mande o que ten que te facer».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.