O Goberno de Nigrán consignou no pleno ordinario de hoxe un total de 160.000 € para a compra dos antigos cines do Centro Comercial A Ramallosa e de 7 baixos comerciais co voto en contra do PP e a abstención do BNG. O obxectivo do goberno é unir as dúas salas de proxeccións para que Nigrán dispoña ao fin dun Auditorio Municipal acorde ás necesidades actuais do municipio, tal e como o rexedor marcara como obxectivo deste mandato.
«Un prezo inigualable»
«É unha oportunidade única para que Nigrán conte cun Auditorio Municipal de primeira e con novas infraestruturas municipais nun enclave perfecto e a un prezo inigualable, en canto nos enteramos desta posibilidade non o dubidamos nin un intre«, explica o alcalde.
Juan González, engade, en referencia ao baixo prezo da operación e á localización, que «con 160.000 € non poderíamos construír nada similar, o aforro é tremendo aínda sumando a reforma que lle fagamos», sinala en referencia a estas dúas salas pechadas definitivamente no ano 2014 e que dispoñen de 160 butacas cada unha e 419 m2 en total.
Outras novas en vigoalminuto
- Las redes sociales ayudan a localizar a un joven que partió la mandíbula a un menor

- Alerta por escasez de agua en el Área de Vigo: Augas de Galicia activa medidas en Baiona

- La huelga de los autobuses que conectan Vigo con Val Miñor y Baixo Miño continúa

- Carrilanas a 110 km/h: Camos vuelve a desafiar al vértigo

- Almaraz seguirá funcionando hasta 2030: Greenpeace alerta de un sobrecoste de 3.831 millones

- A Festa do Miño encherá Tui de piragüismo, música e gastronomía

Sete locais comerciais
Ademais, dentro do mesmo prezo, súmanse 7 locais comerciais na planta baixa que se poden anexionar entre si conformando algo máis de 500 m2 . «Estes locais pechados desde hai anos serán reconvertidos en centro de ocio xuvenil, incluíndo ademais unha sala de estudo para ofrecer unha alternativa máis á da Biblioteca Municipal», explica González.
«Actualmente estamos moi limitados co Auditorio do Concello porque, ademais de funcionar como tal, é tamén o lugar de ensaio da Escola Municipal de Teatro ou o espazo para o Cine-club Val Miñor Alice Guy. Esta adquisición permitiranos desdobrar as opcións e ampliar e mellorar a nosa xa rica programación cultural», conclúe.
