Galicia

O Consello de Europa pide que se permita ensinar matemáticas, física, química e tecnoloxía en galego

Tamén facer trámites xudiciais ou tramitar documentos

O Consello de Europa pediu ao Goberno español que cumpra cos compromisos adquiridos na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Así, os seus expertos piden que se eliminen as limitacións que impiden empregar o galego como lingua de ensino en materias científicas, como matemáticas, física, química ou tecnoloxía.

Solicitan que o ensino en galego «estea dispoñible en todos os niveis», xa que, agora mesmo non se cumpre o compromiso de garantir a unha educación en galego nas etapas de preescolar. Do mesmo xeito, «non se garante que os tribunais poidan levar a cabo procedementos penais, civís ou administrativos en galego», e, no que respecta  á Administración estatal, «non se garante a tramitación de documentos e expedientes ou reclamacións» no noso idioma.

Neste eido, os responsábeis do Consello piden que os textos lexislativos estatais máis importantes se publiquen nas linguas cooficiais. Así, apuntan que o Boletín Oficial do Estado deixou de publicarse en galego en 2021, ademais, solicitan que se «facilite información sobre a dispoñibilidade dos dereitos dos consumidores en galego».

O mesmo informe do Consello de Europa subliña que en Galicia o 88 % da poboación entende o galego e o 62 % é quen de escribir no noso idioma.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.