Destacados Vigo al minuto

A enxeñeira biomédica Nicole Steinmetz recibirá en Vigo o ‘II CINBIO Gold Talk’

É codirectora do Center for Engineering in Cancer dos Estados Unidos e profesora da Universidade de California

A enxeñeira biomédica Nicole Steinmetz recibirá en Vigo o 'II CINBIO Gold Talk'

O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, entregará o seu premio anual CINBIO Gold Talk á investigadora xermano-estadounidense  Nicole Steinmetz.

A doutora Steinmetz é profesora da Universidade de California, directora fundadora do Centro de Nano-ImmunoEngineering (nanoIE)  e codirectora do Center for Engineering in Cancer dos Estados Unidos.  Será o vindeiro luns 23 de setembro ás 12.30  horas no hotel Attica 21 (r/ Samil, 15) nun acto no que a galardoada terá a oportunidade de ofrecer unha charla coa que inspirar e amosar o seu traballo ás persoas asistentes.

Con este galardón o CINBIO busca recoñecer o traballo de persoas e institucións que impulsan a ciencia e inspiran a diario co seu discurso, contribuíndo así ao impulso, ben sexa no eido da investigación ou doutras facetas. “A través deste evento tentamos non só homenaxear as traxectorias de científicos e científicas, senón tamén destacar o papel fundamental que desempeña a ciencia no avance da sociedade e do coñecemento humano”, tal e como explica o director do CINBIO, Miguel Correa.

A doutora Nicole Steinmetz, súmase así ao profesor Lluís Torner, director do Instituto de Ciencias Fotónicas, ICFO, de Barcelona, que foi o galardoado na primeira edición deste evento, celebrada en outubro do ano pasado.

Experta en enxeñaría de materiais para a saúde

Nicole Steinmetz está Graduada na Universidade RWTH-Aachen de  Alemaña,  continúou o seu proceso formativo no Instituto de Investigación Scripps, en La Jolla, California e, posteriormete, doutorouse en Bionanotecnoloxía na Universidade de East Anglia/John Innes Centre, en Norwich, Reino Unido. 

O seu traballo de investigación céntrase na enxeñaría de materiais a partir de virus de plantas e están orientados a aplicacións en saúde humana e vexetal, como a distribución de medicamentos e pesticidas, vacinas e inmunoterapias. É autora de preto de 300 artigos en revistas científicas (índice H >70) e inventora de máis de 70 patentes e solicitudes de patentes.

Nos últimos 10 anos, a doutora Steinmetz recibiu subvencións como IP e co-IP por un importe total de preto de 50 millóns de dólares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.