A Asociación Veciñal de Teis, organiza este sábado 14 e o domingo 15 de setembro a » Teis Fest» na praza da ETEA.
Este é o sétimo ano que os veciños escollen a antiga escola de transmisións, con varios obxectivos: que sexan unha xornada de convivencia entre a veciñanza e darlle uso e por en valor os terreos da ETEA, que durante moitos anos, até o 2002, estiveron prohibidos para os veciños.
Así, o festa terá un amplo programa de actividades cun xantar veciñal, concertos, atraccións infantís ou festa da escuma.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será este sábado 14 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación . Este ano vaise elaborar na propia festa carne o caldeiro, ademais de empanada, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25 euros para socios/as e 30 euros non socios/as.
Aposta pola música local e atraccións infantís
Desde a Asociación «apostamos pola música local» e de feito das 4 actuacións, 3 son grupos de Vigo: «O Faro da Guía, «Sonido de Teis» e «Sun Iou »
Así mesmo, durante toda a fin de semana haberá actuacións infantís a prezos reducido -3€- e o domingo ás 18:00 h, a festa da escuma.
Ademais en vigoalminuto
- Muere a los 78 años Sam Neill, el inolvidable protagonista de ‘Jurassic Park’
También protagonista de ‘El piano’, falleció de forma repentina en Sídney. - Alarma por gas radón en un centro de salud de Ponteareas: trasladan a los trabajadores
SATSE denuncia la presencia de este gas cancerígeno y reclama un plan urgente de medición en toda Galicia - Cielos con nubes y claros y temperaturas primaverales, para empezar la semana
Seguimos ‘escapando’ del calor intenso - Denuncian que el Sergas incorpora médicos sin la especialidad de Familia, en los PAC del área de Vigo
La CIG reclama que solo atiendan pacientes profesionales con la titulación exigida
Sábado, 14
- 12:30 h. Exhibición Zumba.
- 14:00 h. Xantar veciñal.
- 18:00 h. Grupo » O Faro da Guía»
- 20:00 h. Sonido de Teis.
- 21:30 h. Sun Iou.
- 23:00 h. Tecor Societario
Domingo,15
- 18:00 h. Festa da escuma.
