Ourense prepárase para vivir unha das citas musicais máis esperadas do ano coa terceira edición de OUR FEST, o próximo 14 de setembro. Este festival, consolidado como o mellor escaparate de pop-rock alternativo para pechar a tempada estival, promete unha xornada chea de música vibrante, na que se darán cita algunhas das bandas máis relevantes do panorama nacional e internacional, tres delas, pisando por primeira vez Galicia, como é o caso de Jake Bugg, Miles Kane, e Yard Act.
E ademáis en vigoalminuto
- La Xunta autoriza la licitación del nuevo centro público de cuidados intermedios, en el Rebullón

- La ciudad roza el lleno total y «arrastra» la ocupación hotelera en Pontevedra, Baiona o Porriño

- Nuevo récord del precio de la vivienda en Vigo

Música en directo
OUR FEST soubo posicionarse en só tres anos como un evento de referencia en Galicia, atraendo a miles de amantes da música en directo. A edición do ano pasado foi testemuña dun gran éxito, con máis de 4.000 asistentes que encheron o recinto de Expourense para gozar de actuacións memorables como as de Suede, Shame, e Kula Shaker, e este ano volve cun cartel renovado e unha proposta musical que segue fiel á diversidade e a calidade artística. Grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, a través da axencia de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Estrella Galicia, OUR FEST 2024 non só celebra a mellor música, senón que tamén reforza o seu papel como un motor cultural e turístico para a zona.

Programa
Caballo Prieto Azabache serán os encargados de inaugurar o escenario da terceira edición de OUR FEST a partir das 17:30 horas. Esta banda galego-madrileña conquistou tanto a audiencias locais como internacionais coa súa enerxía contaxiosa e a súa habilidade para crear himnos que oscilan entre a alegría e a melancolía. A súa recente participación en festivais internacionais como SXSW en Austin, Texas, e o Festival Marvin Gateway en México, confirma a súa crecente popularidade.
Ás 18:45 horas, o escenario recibirá a Los Enemigos, unha das bandas máis influentes do rock español. Cunha carreira que abarca décadas e un legado cheo de himnos como «La Cuenta Atrás» e «Desde el Jergón», a banda presentará a súa máis recente traballo, «Bestieza», un álbum que segue demostrando a súa vixencia na escena musical.
Teenage Fanclub e Miles Kane
A continuación, ás 20:15 horas, Teenage Fanclub tomarán a substitución. Esta icónica banda escocesa, pioneira do power pop e o rock alternativo desde os anos 80, promete un set cheo de nostalxia e emoción, con cancións do seu último álbum «Endless Arcade», aclamado pola súa calidez e a evolución constante do seu son.
A noite seguirá con Miles Kane ás 21:45 horas, quen achegará a súa inigualable mestura de rock alternativo, mod e glam rock. Coñecido pola súa carreira en solitario e o seu traballo en The Last Shadow Puppets xunto a Alex Turner, Kane presentará o seu quinto álbum «One Man Band», un traballo que é todo un regreso ás súas raíces.
Yard Act e Jake Bugg
Ás 23:15 horas, será a quenda de Yard Act, a banda británica que revitalizou o post-punk co seu enfoque satírico e crítico. Co seu novo álbum «Where’s My Utopia?», producido xunto a Remi Kabaka Jr. de Gorillaz, Yard Act ofrecerá un espectáculo cargado de crítica social que non deixará indiferente a ninguén.
O peche da noite chegará ás 00:45 horas con Jake Bugg, o novo prodixio do folk rock británico. Con éxitos como «Lightning Bolt» e «Two Fingers», e un adianto do seu próximo álbum «A Modern Day Distraction», Bugg promete unha actuación cargada de autenticidade, perfecta para poñer o broche de ouro a esta edición de OUR FEST.
Entradas
As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).
