Galicia

O BNG presenta no Congreso novas iniciativas para declarar nula a concesión da AP-9

Pide ao Goberno que rescinda o contrato e deixe de ser cómplice desta «estafa legalizada»

O Bloque Nacionalista Galego reclama, máis unha vez, ao Goberno do Estado que atenda a «demanda unánime do conxunto da sociedade galega» e declare nula a concesión da Autoestrada do Atlántico e poña fin ás abusivas portaxes.

Unha “AP-9 pública, galega e libre de peaxes”, tal e como reza o lema do BNG, que «está máis preto de se materializar se o Goberno do Estado deixa de ser cómplice da empresa privada e renuncia a defender a legalidade da concesión diante do expediente aberto pola Comisión Europea sobre a nulidade da prórroga”. Así mesmo, e mentres non se logra ese obxectivo, o deputado Néstor Rego urxe a aplicar canto antes o incremento das bonificacións estabelecidas no Acordo de Investidura conseguido polo BNG, así como implantalas na AP-53.

Os galegos non debemos pagar por unha «autoestrada xa amortizada»

“Non é de recibo que os galegos e galegas continúen a pagar unha autoestrada xa amortizada, máis, cando a maioría das da súa xeración xa son libres de portaxes após 40 anos de concesión” denuncia o deputado do BNG no Congreso. Neste sentido, e ante a disposición da Comisión Europea de dialogar e negociar unha solución para evitar a xudicialización do caso, o BNG entende este momento como “unha oportunidade para que o Goberno do Estado e, no concreto, o Ministerio de Transportes procedan á rescisión do contrato coa actual concesionaria e pór fin a décadas de sobre-pagamento».

Ademáis en vigoalminuto

Remate da concesión

A posición do deputado nacionalista ao respecto é clara e sinxela: “o BNG segue a reclamar, ao igual que o conxunto da sociedade galega, o remate da concesión para que esta sexa unha vía de xestión galega e pór fin ás abusivas peaxes desta infraestrutura”. O Goberno español, en opinión de Rego, debe reflexionar sobre as consecuencias de forzar o camiño da xudicialización deste proceso e o custo para as arcas do Estado.O Goberno debe deixar de ser cómplice desta estafa legalizada dunha empresa privada que fai caixa a conta dos galegos e das galegas” subliña.

“Non pode, o Goberno, seguir a defender a legalidade dunha decisión que considera inxusta. Mesmo cando a propia Unión Europea insiste en que a resolución de prorrogar a concesión se adoptou para valorizar a autoestrada de cara a súa privatización e que non cabe aplicar a excepción in house que defende o Goberno español” evidencia.

Exemplo de Italia

Néstor Rego chama o executivo estatal a rectificar a súa postura e ter presente, por exemplo, o proceso xudicial que levou a anular en Italia a ampliación da concesión na autoestrada A-I2, Livorno-Civitavecchia, por non ter sacado a concurso as obras de prolongación da estrada que prorrogou a explotación da vía por parte dunha empresa durante 18 anos máis. “A sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo foi clara neste caso: anulou a prórroga” subliña Rego.

Entre tanto, demanda Rego, o Ministerio de Transportes debe cumprir co Acordo de Investidura conseguido polo BNG e “aplicar cato antes o incremento das bonificacións xa estabelecidas para as persoas usuarias da AP-9, así como implantar as novas na AP-53”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.