Deportes

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño presenta o seu equipo coa vista posta en Europa

As duas primeiras rondas da Copa de Europa serán no pabillón porriñés contra o SSV Brixen Südtirol

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño presenta o seu equipo coa vista posta en Europa

A praza Arquitecto Antonio Palacios tinguiuse de vermello para presentar ao primeiro equipo feminino Club Balonmán Porriño. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño presentou as súas xogadoras e corpo técnico para esta tempada arroupado pola súa base e patrocinadores.

O acto de presentación contou coa presencia do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da Axencia de Turismo de Galicia -patrocinadora do equipo-, Xosé Manuel Merelles, o presidente do club, Abel Estévez, e a vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán, Carla Abad. Tamén os acompañaron representantes dos principais patrocinadores do equipo de División de Honra Feminina, Vanesa Andrade, Directora Xeral de Zendal, e Marta Mondina, responsable de márketing de Conservas Orbe.

Logo dos mellores resultados da historia chegou a hora de Europa

Abel Estévez, explicou que o equipo, e o Club Balonmán Porriño, comezan “unha tempada moi ilusionante”. O presidente do club lembrou que tras obter os mellores resultados da historia do club na prestixiosa Liga Guerreiras Iberdrola, este ano damos o salto a Europa para disputar a Copa de Europa EHF Feminina 2024/25 nunha tempada chea de retos e emocións”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Merelles apuntou que “é unha satisfacción estar hoxe aquí e ver que hai tantas mozas e mozos que xogan ao balonmán” e quixo destacar que para a Xunta de Galicia é  “un pracer poder apoiar a este club que vai levar ao Porriño e a Galicia ao máis alto do balonmán. Estou seguro que a promoción será excepcional e desde o punto de vista turístico será moi positivo. Para nós é unha aposta segura”. O director da Axencia Galega de Turismo rematou a súa intervención “desexando ao equipo os maiores éxitos deportivos”.

«Daremos o mellor»

A capitana do equipo, Sarai Samartin, agredeceu a todos os patrocinadores o seu respaldo e tamén á afición e socios do club “estamos moi agradecidas e esperamos facervos disfrutar todo o ano, daremos o mellor de nós”.

Pechou o acto o alcalde, Alejandro Lorenzo, que puxo en valor o tesón “do club que leva anos traballando neste proxecto que hoxe os leva ao máis alto e con elas a todo O Porriño”. Lorenzo reiterou o “orgullosos que estamos de vós” e rematou cunha gran nova para a vila, anunciando que as dúas primeiras eliminatorias da liga europea, contra o italiano SSV Brixen Südtirol,  xogaranse no Porriño e aí estaremos todos animando ás nosas guerreiras!”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.