Comarcas

Benestar e Servizos Públicos, pilares do orzamento do Porriño

O Goberno local leva a Pleno unhas contas de 21 millóns

Benestar e Servizos Públicos, pilares do orzamento do Porriño

O Goberno municipal do Porriño leva a pleno a vindeira semana o seu orzamento municipal cunhas contas que rozan os 21 millóns de euros, 2 millóns máis que o vixente, o que supón un incremento dun 9,68%.

Menos impostos e control do gasto

«A folla de ruta económica para o presente ano é ambiciosa no que respecta aos gastos e prudente no tocante aos ingresos, imaxe dunha administración solvente e responsable na xestión que, por encima de todo, vela cada día polos intereses das veciñas e veciños do Porriño», apunta o alcalde.

Alejandro Lorenzo explica que «continuamos coa senda marcada de reducción de impostos mantendo os niveis dos servizos públicos, o control do gasto e o equilibrio fiscal”. Ademais, Lorenzo salienta o «gran esforzo que se está a facer desde a administración local para poder manter e aumentar todos os servizos prestados, sen que iso repercuta nun incremento da presión fiscal».  O alcalde asegura que O Porriño é o municipio de toda a área que menos cobra polos servizos prestados.

«Eficiencia na xestión dos recursos públicos»

Alejandro Lorenzo reivindica o seu traballo para a cidadanía e asegura que a proposta de orzamento é un «documento realista, previsor e rigoroso baseado na eficiencia da xestión dos recursos públicos«. Ainda así, advirte de que se desenvolve nun escenario de prórroga orzamentaria por parte do Goberno de España e no «marco dunha subida dos custes básicos para administracións locais, ao que hai que engadir o impacto da inflación e as súas consecuencias no aumento dos prezos dos servizos». Isto, explica implicou un retraso na tramitación dos novos orzamentos xa que ata mediados de ano non se coñecía o importe dos ingresos a recibir por parte da administración estatal.

Reforzo dos servizos municipais e do benestar social

Nesta liña, o alcalde comenta que os pilares básicos das contas para este ano son tres:

  • reforzar os servizos municipais
  • o benestar social e
  • o mantemento do centro urbano e parroquias
  • a estas areas destínase o 38,29% dos recursos

Así, máis de 3,1 millóns de euros resérvanse para a prestación dos servizos básicos como a alumeado, limpieza, cemiterios ou saneamento. Preto de 2,7 millóns para urbanismo e vivenda e máis de 2,2 para servizos sociais e promoción social. 

“É esencial garantir a prestación da totalidade dos servizos básicos e así, logo de moitos anos cunha situación de ausencia de contratos hoxe temos regulada a recollida de lixo, a limpeza viaria, o mentemento de xardíns e desbroces, a xestión da piscina municipal ou o SAF “, continuou o alcalde. 

Respaldo ao tecido asociativo, cultural e deportivo

Así mesmo, «segue adiante a aposta polo deporte e a cultura«, consignando arredor de 2 millóns de euros a cada unha destas áreas. Un respaldo que abrangue a subvencións nominativas aos clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais e entidades de carácter social.

Lorenzo subliña que a colaboración con estas entidades permitiu ampliar os servizos que se prestan no Porriño, como os obradoiros de memoria de Afaga Alzhéimer. «Tamén a colaboración que se establece coas comisións de festas das diferentes parroquias, e que nutren a programación cultural e exercen de dinamizador social no rural».

Así, as achegas para as 47 entidades que desenvolven a súa actividade no municipio ascenden a preto de 800.000 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.