Deportes

O paso de ‘La Vuelta’ pola provincia, o escaparate perfecto para dar a coñecer as Rías Baixas

O pelotón chegará ao vindeiro día 27

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou a importancia que ten o regreso de La Vuelta á provincia, coa disputa o vindeiro 27 de agosto da décima etapa da carreira entre Ponteareas e Baiona, para «consolidar ás Rías Baixas como un destino turístico ligado ao deporte e que ten na súa riqueza natural e paisaxística un dos seus maiores atractivos«.

Na ponteareana praia fluvial da Freixa, o mandatario provincial participou na presentación oficial das catro etapas de La Vuelta que transcorrerán por Galicia entre o 27 e o 30 de agosto. “O helicóptero de La Vuelta é unha das mellores campañas turísticas para un territorio”, afirmou Luis López, convencido de que as imaxes aéreas da provincia durante a celebración da décima etapa servirán para atraer máis
visitantes e facer que “as Rías Baixas estean máis de moda”.

O pelotón chegará a Vigo o día 26…

A chegada do pelotón á provincia producirase o vindeiro luns 26 de agosto, cando os ciclistas farán
en Vigo da primeira xornada de descanso
da carreira. Desde a cidade olívica, desprazaranse ao día seguinte á Ponteareas, punto de partida da décima etapa, unha proba de media montaña, de 160 quilómetros de percorrido e con meta en Baiona.

…e seguirán por toda a provincia

Os ciclistas pasarán polos concellos de Mondariz, ondariz Balneario e Covelo para afrontar a primeira subida da xornada, a escalada ao alto de Fonfría, un porto de segunda categoría.

Logo, os ciclistas continuarán cara A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra e Tui, onde comezarán a segunda escalada da etapa ao Alto de Vilachán, de terceira categoría. De alí, seguirán camiño de Tomiño e Oia, onde subirán o terceiro porto da etapa, o alto de Mabia, de segunda categoría. Acto seguido, chegará a escalada máis esixente da xornada, a subida ao Alto de Mougás, un porto de primeira categoría cunha ascensión de 10 quilómetros e un desnivel de 600 metros e unha pendente media do 6%.

Desde alí descenderán cara Baiona, onde estará instalada a meta moi preto do castelo de Monterreal.
A seguinte etapa será na contorna de Padrón o 28 de agosto. O día seguinte o pelotón completará unha
etapa entre Ourense e a estación de montaña de Manzaneda e despedirase de Galicia o día 30, cunha
etapa entre Lugo e o porto dos Ancares.

Un magnífico lugar para o ciclismo

“O ciclismo é un deporte que conta con moitos seguidores e na provincia temos excelentes ciclistas,
moitísima afección e moitos clubes. Ademais contamos cun territorio magnifico para a práctica do ciclismo, cunhas etapas que se caracterizan sempre por ser rompepernas e para o espectáculo dos afeccionados é un aliciente”,
declarou o mandatario provincial sobre a relación entre a provincia e La Vuelta.

Non é a primeira vez que o percorrido dunha das tres carreiras ciclistas máis importantes do mundo pasa pola provincia de Pontevedra. A última foi no ano 2021 coa celebración da penúltima e decisiva etapa da carreira entre Sanxenxo e Mos. Pero a máis recordada tivo lugar no ano 2013, ao acoller a etapa inaugural cunha memorable saída da contrarreloxo por equipos desde unha batea instalada no porto de Vilanova de Arousa.

Finalmente, o presidente puxo en valor a importancia que ten para a provincia acoller competicións
deportivas de interese xeral.
De feito, a Deputación ten aberto unha convocatoria de axudas para a
organización de eventos deportivos relacionados co turismo
. Unha «área estratéxica para goberno da
Deputación»
pola que Luis López agradeceu ao director da carreira o regreso de La Vuelta á provincia. Así mesmo, o presidente amosou a predisposición da Deputación para que as Rías Baixas sigan sendo escenario desta proba nas vindeiras edicións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.