O Pleno de Vigo rexeita a subida da taxa de Sogama por parte da Xunta

Suporá que a cidade pague 8,5 millóns máis pola xestión de residuos

O Pleno Ordinario do Concello aprobou este luns, unha moción do Grupo socialista rexeitando a subida da taxa de Sogama por parte da Xunta de Galicia.

A moción foi defendida polo segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, que sinalou que “nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2024, estímase que a empresa terá un beneficio de 300.000€, polo que non é certo que sexa deficitaria”.

Por iso, subliñou Pardo, «esiximos ao Goberno galego que mude a súa política de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada de plantas de proximidade, dixo.

8,5 millóns máis

Abel Caballero amosou a súa disconformidade coa medida, cualificou a subida do canon de “espolio” para a cidade, ao ter que “facer fronte a 8,5 millóns de euros” adicionais, e recalcou que “o Partido Popular apoia que Vigo pague moitísimo máis para cubrir as ineficiencias de Sogama -os seus 5 concelleiros votaron a favor e o Bloque -que se abstivo- tampouco votou en contra”.

Moción AP9

Tamén se aprobou a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, que solicitaba o rescate da AP-9 e a súa transferencia a Galicia. O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas expuxo que “non existen razóns para transferir a AP-9, como non as hai para finalizar a concesión e que pase a ser unha autoestrada galega e libre”. A moción foi respaldada por 8 concelleiros (BNG e PP), coa abstención doutros 17 do Grupo Socialista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.