Galicia

A Deputación continúa esta semana na Toxa e en Mondariz-Balneario coas súas rútas gratuitas

O programa pecharase o 30 de
xullo cun itinerario pola cidade de Vigo

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana coas rutas gratuítas organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra (AUPO) con percorridos pola illa da Toxa, o 23 de xullo, e por Mondariz-Balneario, o 25 de xullo. Tras estas dúas rutas e as xa celebradas por Nigrán e Baiona e Tui, o programa pecharase o 30 de xullo cun itinerario pola cidade de Vigo.

A Toxa

A visita pola illa da Toxa permitirá coñecer a historia desta famosa illa termal, así como os principais
personaxes históricos
(marqués de Riestra, Daniel Vázquez-Gulías, Antonio Casares…) que axudarán a
entender a relación e a importancia que tivo este espazo ao longo do tempo no desenvolvemento do
municipio. Durante o percorrido visitaranse os seus principais recursos turísticos, as súas edificacións, así como a contorna natural e daranse a coñecer os seus oficios, a súa idiosincrasia e aspectos da cultura mariñeira.

Mondariz-Balneario

O xoves 25 de xullo terá lugar o percorrido por Mondariz-Balneario onde, partindo desde a fonte de
Troncoso
, proxectada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, proseguirase polo paseo para ver os Pasos de Nota, as poldras que permiten cruzar o río Tea ata o antigo barrio do Outeiro, e o núcleo primixenio do concello, que acolle boas mostras de arquitectura tradicional galega. A continuación, visitarase o exterior da Quinta do Outón, continuando ata a praza de abastos da vila para rematar no Balneario de Mondariz.

Todas as rutas darán comezo ás 10:30 horas, terán unha duración aproximada dunha hora e media e as
persoas beneficiarias deberán desprazarse ata o punto de arranque establecido polos seus propios medios.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.