Destacados Vigo al minuto

A Deputación recupera para Vigo partidas a piques de caducar por obras non executadas polo Concello

Con tres convenios por un total de 6,3 millóns dos que o organismo provincial achega máis do 70%

A Deputación de Pontevedra asinará tres novos convenios co Concello de Vigo por un importe de 6,2 millóns de euros, cunha achega de preto do 70% de fondos provinciais. É a solución proposta pola institución pontevedresa para rescatar as partidas que estaban próximas a caducar correspondentes aos proxectos que o Concello non foi capaz de executar, a pesar da modificación do convenio que o anterior goberno provincial realizou en xuño de 2023 estando xa en funcións.

Unha medida que «salva investimentos para a cidade que doutro xeito se perderían», tal e como especifica a vicepresidenta Luisa Sánchez.

Acordo das dúas Administracións

Así o acordaron Concello e Deputación, coincidindo coa celebración da última comisión de seguimento do convenio bilateral a pasada semana, representada no caso da institución provincial pola vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada María Ramallo, e reunida co obxectivo de analizar o estado dos acordos cuxos prazos se esgotan o vindeiro 31 de decembro. Proxectos que, cómpre salientar, nalgún caso nin sequera se chegaron a iniciar pese a remontarse ao 2021.

Segundo aclara Luisa Sánchez, «a baixa execución orzamentaria do Concello vigués en parte das obras cofinanciadas polo Goberno provincial obrigou a buscar unha solución excepcional para evitar a perda destas partidas». A vicepresienta puxo en valor o esforzo administrativo dos técnicos da Deputación por resolver este escollo, e defendeu o seu compromiso de cumprir con Vigo e que os investimentos non se viran minorados.

Actuacións

En canto aos novos convenios, que serán financiados cos fondos da Deputación e poderían quedar asinados xa este verán, a vicepresidenta provincial citou:

  • no marco do Vigo Vertical as ramplas mecánicas na rúa do Pintor Colmeiro entre as rúas de Álvaro Cunqueiro e Tarragona (2,82millóns)
  • mellora da accesibilidade na rúa Juan Ramón Jimenez, entre Marques de Valterra e Torrecedeira (1,14millóns).
  • a humanización da rúa San Roque entre as rúas de Gregorio Espino e Reiseñor (2,27millóns)

Primeiras obras

En canto a primeira das intervencións, actuarase sobre un treito de 138 metros entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, instalando ramplas mecánicas, ampliando as beirarrúas e substituíndo as luminarias actuais. Esta previsto que esta obra comece no primeiro trimestre do vindeiro ano cun prazo de execución 11 meses.

A mellora da accesibilidade na rúa Juan Ramón Jiménez, contempla a instalación dun ascensor exterior para esquivar o desnivel entre Marqués de Valterra e Torrecedeira. Asemade, aproveitarase para ampliar beirarrúas; renovar as canalizacións, a pavimentación, o alumado e o mobiliario urbano; e instalar unha rede de pluviais e novas columnas semafóricas. Neste caso, o inicio das obras está tamén previsto entre xaneiro e marzo do 2025, cun prazo de execución de 8 meses.

Xa por último, a humanización da rúa San Roque na contorna da Doblada abarcará un tramo de 247 metros, entre as rúas de Gregorio Espino e Reiseñor. Unha actuación que ten un prazo de execución de 10 meses e que está previsto iniciar no primeiro trimestre do 2025. En canto a intervención, contémplase unha importante distribución dos espazos coa creación dunha praza entre San Roque e Couto de San Honorato, ademais de renovar a pavimentación do viario e as beirarrúas, a rede de abastecemento, saneamento e alumeado público e instalar rego automático nas novas zonas axardinadas. A intervención preservará o sentido único de circulación actual e reservaranse prazas de estacionamento nas rúas Talude e Avenida Alcalde Gregorio Espino.

30 millóns na cidade

Luiusa Sánchez subliña que a sinatura destes convenios «materializa o compromiso da Deputación de Pontevedra coa cidade». Así, lembrou, no seu primeiro ano de goberno o organismo provincial comprometeu «máis de 30 millóns de euros de investimento en Vigo».

Entre estas achegas atópanse actuacións transformadoras para a cidade, subliña a vicepresidenta, están a a culminación da reforma do estadio de Balaídos coa mellora da grada de Gol (13 millóns) en convenio co Concello e a adquisición do Cine Fraga para a súa recuperación e posta a disposición dos cidadáns, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.