Comarcas

As persoas que visitaron A Guarda esta fin de semana deron conta de 700 kilos de langosta

Pasaron pola vila uns 15.000 visitantes

Foi durante aXXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que rexitrou unha asistencia espectacular, ata o punto de que a carpa, de 1.000m2, quedou pequena por momentos. Así en toda a fin de semana vendéronse 700 quilos de langosta, deles 270 quilos só durante o mediodía do sábado o que, apuntan dende o Concello, «é un récord».

As gañas de comer ben non quedaron só na langosta pois tamén se ofertaban croquetas, empanadas, langostinos, paella… e «esgotáronse, temén, as existencias de percebes e o viño da adega Gran Novás antes do peche da carpa».

Xa desde o venres, día 5, a afluencia foi moi numerosa, pois tras o pregón de Luis Zahera na Praza do Reló, foron moitos os que se achegaron ata a carpa coa pequena comitiva para comezar a degustar os produtos.

O sábado, 6, arrancou co pasarrúas do Trebón dos Xidos, quen pasou o testemuño a Brassica Rapa, que animaron as rúas durante a tarde. Nesa mesma tarde, presentouse o que será a celebración desta fin de semana: A Rosegha. Por iso, aínda que estes días O Piueiro tivo que suspender varias saídas, haberá máis oportunidades esta finde.

Así, o domingo 7, A Boalleira encargouse de comezar o día co seu pasarrúas. Pouco despois, o programa ‘Aquí Portugal’ arrancou a súa emisión na RTP e TVG para dar a coñecer a historia, gastronomía, paisaxes, cultura e deporte da vila. Xa pola tarde, o grupo Broken Peach cautivou ao público ao lado da carpa.

Os restauradores e traballadores da Festa da Langosta recoñecen a asistencia récord desta edición, pola que o Concello calcula que pasaron unhas 15.000 persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.