Deportes

Xa podes ir pola nova senda peonil e ciclista do Louro

Está aberta desde este mesmo luns

A transformación da contorna do Louro comeza a ser unha realidade. Peóns e ciclistas gozan xa do renovado paseo, un tramo de quilómetro e medio (1.460 metros exactamente) que cada día transitan centos de veciños, pequenos e maiores.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, inauguraron oficialmente a ruta, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento que incluíron a instalación de alumeado público, con máis de 60 novos puntos de luz, e a mellora do pavimento habilitando un carril ciclista bidireccional e outro para peóns, eliminando o tráfico rodado.

400.000 euros

A responsable autonómica de Infraestruturas quixo destacar que este proxecto é “froito da colaboración entre as dúas administracións que, a través do Plan Hurbe quere axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza, a humanización e ao fomento da mobilidade sostible, como este do Porriño”. Martínez Allegue lembrou que as obras requeriron unha inversión de máis de 400.000 euros, cun 70% de fondos autonómicos e un 30% que asumiu a entidade local. 

Unha grande zona de lecer

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo lembrar que ó acondicionamento desta senda é a primeira fase  dun proxecto máis amplo que pretende transformar a contorna do Louro nunha gran área verde lecer, con parques para os nenos e zonas de recreo. “Para isto xa iniciamos a compra de parcelas a particulares, trátase dunha superficie de máis de 100.000 m2 que abarca todos os terreos entre a vía do tren e a beira do río e que supoñerá unha inversión aproximada dun millón de euros”.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.