Destacados Vigo al minuto

Denuncian a «ocultación» do expediente sobre o deseño do Nadal de Vigo 2024

Non se pode comprobar que contén medidas reais para controlar o ruido

Vigo estrenará un mercado navideño en Bouzas y amplía sus atracciones para el Nadal 2025

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero oculta o expediente sobre o deseño do Nadal deste ano 2024. A fronte nacionalista alerta de que aínda non tivo acceso a esta documentación, malia ser obrigatorio despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase este pasado venres a programación desta edición.

«Esta opacidade impide que coñezamos se as medidas anunciadas polo alcalde van ser unha solución real que eviten que o Nadal volva ser un calvario insoportábel para moitas viguesas e vigueses», cuestionou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen tachou esta circunstancia de «abertamente irregular» transcorridos 5 días dende que a proposta foi aprobada polo Goberno local.

«Desinformación»

Igrexas asegurou que a única resposta desde a Secretaría do Goberno Local foi indicarnos que o servizo de administración electrónica estaba «revisando a incidencia» que, considerou, oportunamente impide que o BNG poida exercer o seu labor de fiscalización en relación a este asunto que suscita «enorme preocupación veciñal» e que provocou sentenzas en contra do Concello de Vigo.

«Por máis que Abel Caballero se apunte á desinformación, que di querer combater o presidente Pedro Sánchez, acusándonos de ser unha especie de Grinch que quere pechar o Nadal, a posición do BNG é desde o inicio tan clara como rotunda: Nadal si, por suposto que si, pero non así«, afirmou.

O BNG non cuestiona o Nadal

O portavoz municipal nacionalista lembrou que ninguén cuestiona os actos de celebración do Nadal na cidade, senón a «imposición caprichosa dun modelo que reduce unha parte importante da cidade a un parque temático inseguro e inhabitábel«. Nese sentido, saudou que o alcalde de Vigo recoñeza agora que é necesario realizar cambios para o control efectivo do ruído e para reordenar os diferentes elementos e atraccións.

«Só tardou 5 anos en reparar en que as ordenanzas municipais de ruídos, convivencia e medio ambiente, así como as normas referidas á protección patrimonial, seguen vixentes tamén durante o Nadal», ironizou Igrexas, quen asegurou que a «opacidade» co expediente deste ano impide ao BNG coñecer se as medidas anunciadas por Abel Caballero van ser unha «solución real» que evite os graves problemas de tráfico e de inseguridade para os servizos de emerxencia, como bombeiros ou ambulancias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.