Comarcas

A Deputación de Pontevedra convoca ao Concello de Vigo á comisión de seguimento do convenio bilateral que expira este ano

A vicepresidenta Luisa Sánchez ofrece unha «solución excepcional» ao acordo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de anunciar a convocatoria da comisión de seguimento do convenio co Concello de Vigo para o martes, 11 de xuño, na sede de Vigo da Deputación.

O obxectivo da mesma é trasladar aos representantes municipais a proposta dunha “solución excepcional” ao acordo bilateral que está a piques de perder a súa vixencia.

Mellora da mobilidade ou recuperación de Samil

Tal e como se comprometera na reunión anterior, celebrada no mes de abril, a vicepresidenta xunto á
deputada provincial María Ramallo, leva semanas traballando nunha «saída satisfactoria en cumprimento
dos acordos do Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra»
, para a execución dun plan de mellora da mobilidade urbana sostible na cidade de Vigo 2021-2023, recuperación do sistema dunar na praia de Samil e mellora da cubrición do patio no colexio Javier Sensat, e preservando o bo uso dos fondos públicos.

Vontade de acordo

Respecto á comisión de seguimento, Sánchez reiterou a «vontade e absoluta disposición da Deputación a colaborar e chegar a acordos co Goberno municipal en beneficio da cidade» como así, dixo, “o estamos a demostrar, con feitos”, en clara referencia ao convenio co Concello de Vigo para a reforma da grada de Gol aprobado no pleno do pasado venres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.