Destacados Vigo al minuto

Galicia destina 12 millóns de euros a un innovador medicamento Car-T para pacientes con linfoma

Unha das investigacións con este novo fármaco está a realizarse en Vigo

O Consello do Goberno galego autorizou hoxe destinar máis de 12 millóns de euros “a subministración dun medicamento CAR-T para pacientes con linfomas”.

Así, o presidente Rueda salientou que o Servizo Galego de Saúd xa investiu 9.591.473 euros ata decembro de 2023 en fármacos CAR-T para tratar 60 pacientes. Este tipo de medicamentos
convertéronse nos últimos anos na principal terapia inmunocelular contra o cancro e forman parte da familia dos medicamentos de terapia avanzada.

A partir de células

A diferenza dos medicamentos tradicionais, estes obtéñense a partir de compoñentes vivos manipulados, neste caso, células. Para a fabricación de CAR-T utilízanse linfocitos T, que se extraen do paciente a través dunha técnica de leucoférese para seren modificados xeneticamente no laboratorio e, unha vez administrados de novo ao paciente, terán maior capacidade para recoñecer e destruír as células cancerosas.

Desta forma, tal e como explicou o presidente, co expediente de contratación autorizado hoxe prevese a dispoñibilidade do medicamento Tecartus, indicado para o tratamento de pacientes adultos con linfoma de células do manto “que non responden a ningún tratamento” ou ben “sofren unha recaída tras probar dúas terapias convencionais”.

Tratados xa 3 pacientes

Ata o de agora xa foron tratados no Sergas 3 pacientes con Tecartus na indicación de linfoma de células de manto. Rueda explicou que a estimación “é tratar cada ano a 10”.

O titular do Goberno destacou que “só o País Vasco” aposta “como a sanidade galega” por estos innovadores fármacos aos pacientes con linfomas. Nesta liña lembrou que Galicia se está “a consolidar coma un referente na Oncoloxía” a través “de cribados, de tratamentos de última xeración ou investigando desde aquí novas terapias”.

Investigación galega en novos fármacos

Os fármacos CAR-T forman parte das terapias avanzadas, que nalgúns casos acadan taxas de resposta do 80 %. Grazas á apertura do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, o Sergas conta cun centro orientado á práctica clínica e científica que preve tanto produción de medicamentos para actividade asistencial como investigadora.

Cinco proxectos en marcha

Neste momento están en marcha cinco proxectos colaborativos con centros autonómicos e nacionais para que grupos de investigación dos hospitais e das universidades deseñen os fármacos fabricados polas propias institucións sanitarias.

Dentro do programa de I+D do centro galego, un dos doutorandos que forma parte do cadro do persoal está a traballar baixo a dirección conxunta da doutora África González (UVigo) nun novo CAR-T fronte tumores sólidos gástricos e pancreáticos.

Mentres tanto, outro dos doutorandos está a explorar a modificación xenética dos linfocitos T a través de nanopartículas en lugar de lentivirus, baixo a codirección da doutora María José Alonso (USC).

O Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia está situado no Campus universitario de Santiago de Compostela. Nos seus preto de 1.000 m2 dispón de salas brancas e áreas de criopreservación, laboratorios de control de calidade, ademais de almacéns, despachos e áreas técnicas destinadas a usos auxiliares e administrativos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.