Comarcas

As obras de mellora da estrada Mos-Puxeiros comezarán de xeito inminente

Contarán cun investimento de máis dun millón de euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,reuniuse coa responsable de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación, María Isabel Couselo, para abordar diferentes temas e proxectos de interese para o municipio.

Entre eles atópanse a mellora da Estrada Provincial Puxeiros-Mos; a estrada Puxeiros-Peinador e a zona do Alto de Puxeiros nun tramo pertencente á estrada Mos-Puxeiros.

Mos-Puxeiros

Máis polo miúdo, trataron sobre a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros. Esta actuación, como subliñou a deputada, acometerase “xeito inminente”.

O proxecto atópase moi avanzado e o Concello de Mos, pola súa banda, está a ultimar termos relacionados cos terreos. «Avanza a bo ritmo e esperamos que poida facerse realizade canto antes, dando resposta ás necesidades e demandas dos veciños”, sinalou Nidia Arévalo.

Puxeiros-Peinador e Mos-Puxeiros

Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, a deputada provincial e a alcaldesa analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.