Comarcas

Oia contará cun circuito de ‘pumptrack’

Financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 36.000€ ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Oia. O mesmo estará destinado ao proxecto de construción dun ‘pumptrack’ na vila. A actuación, que ascende a preto de 54.000€, será financiada integramente pola institución provincial xa que a estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan + Provincia.

Con estes recursos, o Concello de Oia poderá financiar este pumptrack nas antigas instalacións municipais do campo de fútbol do Cabezo, na parroquia de Mougás. O mesmo contará cunha superficie asfaltada de 360 metros cadrados e un trazado apto para todos os usuarios, independentemente da súa idade e experiencia. Este proxecto contempla os traballos previos de limpeza do terreo; instalación de drenaxe e recollida de augas pluviais; acondicionamento e de deseño e asfaltado do trazado, así como da posta en marcha da sinalización horizontal.

Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación

Está dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento 1,8 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Oia, para A Cañiza; A Estrada; Arbo; As Neves; Baiona; Cangas; Cerdedo-Cotobade; Covelo; Fornelos de Montes; Gondomar; Mondariz-Balneario; Redondela; Salceda de Caselas o Salvaterra, entre outros concellos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.