Deportes

As seleccións absolutas de balonmán, xogan aquí

A Deputación patrocina os encontros

O presidente da Deputación de Pontevedra informou hoxe en rolda de prensa de que o organismo provincial acaba de aprobar a adxudicación da contratación do patrocinio para a celebración na provincia de dous partidos oficiais internacionais das seleccións absolutas masculina e feminina de balonmán esta primavera.

179.000 euros

Luis López lembrou que o contrato ascende a 179.000 euros destinados á Federación Galega de Balonmán para celebrar estes dous encontros, o primeiro deles este domingo 7 de abril no Porriño e, o seguinte, o 8 de maio en Lalín.

López lembrou que a colaboración entre a Deputación e a Federación enmárcase no obxectivo de fomentar, promover e difundir o deporte, e sempre colaborando cos municipios para tratar de chegar a todos os recunchos da provincia”, xa que “este tipo de eventos fan que a provincia teña unha enorme visibilidade que se porá de manifesto nestes próximos meses”.

De feito, sinalou, “acabámolo de comprobar o pasado xoves na celebración da final da Copa Galicia de Futsal feminino nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, e seguirémolo vendo coa Volta Ciclista a España«.

As Guerreiras, este domingo no Porriño

As Guerreiras, nome co que é coñecida a selección absoluta feminina, mediranse ao combinado de Acerbaixán nun encontro clasificatorio para o Campionato de Europa 2024 que terá lugar este domingo 7 de abril no Porriño.

Pola outra banda os Hispanos, alcume da selección absoluta masculina, enfrontaranse o 8 de maio a Serbia en Lalín no choque de ida dunha eliminatoria na que estará en xogo o billete para o Campionato do Mundo masculino do próximo 2025.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.