Cultura

‘Teatro Gorrrilla’, este sábado en 5 bares de Churruca

Dende ás 18:00h ata ás 22:00h

Este sábado 30 de marzoTeatro Gorrilla‘ volta cunha Edición Festival en 5 bares da zona de
Churruca.
Dende ás 18:00h ata ás 22:00h haberá actuacións de artes escénicas nos bares máis típicos da nosa cidade.

‘Es bailar’

As artistas para este mes tan especial son: Elsa Pereira que se move ou baila, e Meriwilson que cociña e mistura música co Theremini, se xuntan para mostrarnos a proposta «Es bailar», onde exploran ao vivo coa creación sonora e a danza en complicidade curiosa e nun espazo calquera. Sempre que a celebración sexa posible e contaxie.

‘Subterránea’

Seguimos con Monica Sueiro, actriz e directora. Ven presentar «Subterránea», peza escénica que reivindica e visibiliza a figura de artistas que foron silenciadas ao longo da historia.

Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época e destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas porque habitan no territorio invisible. A artista subterránea fala en primeira persoa dando voz agrandes creadoras como: Sofonisba Anguissola, Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Berthe Morisot, Hilma AfKlint, Maruja Mallo ou Julia Minguillón, entre outras.

‘Os homes das flores’

Continuamos desvelando artistas, presentando a Nico Elsker, que estará neste festival con «Os homes das flores», un espectáculo que mistura danza, drag e monólogo poético para falar sobre realidades sexuais, afectivas, reproductivas e vivenciais das corporalidades diversas. «Son un home, pero entre as miñas pernas teño unha fermosa flor».

‘Porque tu historia merece ser contada’

Tamén estará a compañía Playback Galicia que trae a obra «Porque tu historia merece ser contada», unha representación en vivo de historias que o público queira que sexan contandas a través da improvisación teatral. Unha proposta traída do Teatro Playback que axuda a coñecer as narrativas persoais de quen nos rodean.

‘Todo Leonardeo Volumen ‘

Finalizamos as presentacións con Leonor Sanganriel se convirte en Leonardo Fiebre, un mocico español, un home dos que xa non quedan neste País de ben. É un señorito cis, hetero normativo que se adica ao mundo do espectáculo entregando a súa vida á música, o teatro e as chavalitas, para traernos «Todo Leonardo Volumen 1», unha peza de microteatro musical que nos achega ao mundo Dragking a través da sátira e a comedia. Crítica ao patriarcado e á masculinidade tóxica.

Datas, lugares e prezos

Data: sábado 30 de marzo, de 18h a 22h
Prezo: taquilla inversa (mínimo recomendado de 4€ por actuación)
Lugares: A Casa de Arriba (Martín Códax, 23); Tinta Negra (Irmandiños, 2); Sala Kominsky (Irmandiños, 3); Burbia (Irmandiños, 18); A Cantina Candela, (Martín Códax, 12).

Teatro Gorrilla

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.

Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.