Galicia

O xefe provincial de Educación compara ao Goberno cos nazis e chama «autócrata» ao presidente Sánchez

Nunha charla con escolares en Soutomaior, denuncia o PSOE

O xefe provincial de Educación compara ao Goberno cos nazis e chama "autócrata" ao presidente Sánchez

Unha charla sobre o Parlamento de Galicia, celebrada esta mañá no colexio Santiago Apóstol de Soutomaior, organizada polo Parlamento e pola Asociación de Ex-Parlamentarios derivou en graves insultos ao Goberno de España e ao seu presidente, segundo denuncia o Partido Socialista.

Así, o xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, que participou en calidade de ex-parlamentario do Partido Popular afirmou que o Goberno de España é “como o réxime nazi, que España é unha “república bananeirae que o presidente Sánchez, é “un autócrata.

Na charla participaron tamén a ex-deputada socialista, Leticia Gallego, e o ex-deputado do BNG e actual alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, e asistiu o alumnado de cuarto da ESO e de Bacharelato.

«Lamentable intervención»

Leticia Gallego recriminou a Pérez Ares a súa “lamentable intervención” alegando que supón un evidente desprezo polas máis elementais regras da democracia. Pérez Ares verteu estes insultos na resposta que deu á pregunta dun alumno sobre o proxecto de lei de amnistía.

A ex-deputada socialista preguntouse se alguén que utiliza «argumentos ultra», que «insulta» e que «deslexitima ás institucións» diante do alumnado está capacitado para ostentar o cargo de xefe territorial da Consellería de Educación.

Gallego subliña que «se este señor é o responsable da Educación pública na nosa provincia non queda outra que preguntármonos ‘en mans de quen estamos?.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.