Destacados Vigo al minuto

Patrimonio insta ao Concello de Vigo a corrixir os erros do PXOM e a completar os informes que faltan

A concelleira de Urbanismo asegura que esos erros estarán resoltos en 5 minutos

Patrimonio insta ao Concello de Vigo a corrixir os erros do PXOM e a completar os informes que faltan

A Xunta comprometeuse a axilizar ao máximo a emisión do informe autonómico previo e imprescindible para a aprobación definitiva do novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo, en canto
reciba a documentación correspondente e comprobe que o Concello corrixiu todos os erros detectados e completou o expediente cos informes estatais que faltan e que resultan preceptivos para continuar coa tramitación.

No marco da reunión técnica convocada onte en Santiago pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para analizar a situación do PXOM vigués, os responsables dos Gobernos autonómico e local coincidiron na necesidade de traballar para que a aprobación definitiva do plan polo Pleno municipal se produza canto antes.

Erros na documentación municipal

Como primeiro paso, haberá que resolver todos os aspectos sinalados no requirimento remitido a semana pasada pola Xunta ao Concello, tal e como expuxo durante a xuntanza a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

En concreto, a maiores das correccións esixidas tras analizar o documento provisional e que afectan
sobre todo a aspectos arqueolóxicos e culturais, Rivas trasladoulle á concelleira de Urbanismo, María José Caride, a urxencia de dispoñer dos dous informes preceptivos sobre o PXOM do Goberno central —o de Aviación Civil e o de Telecomunicacións— que a estas alturas seguen pendentes e sen os cales, insistiu, a Xunta non pode informar o documento.

Tres meses

Neste sentido, Rivas comprometeuse ante os responsables e técnicos municipais a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —3 meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.

Non protección do Castro e de Castrelos

Por parte da Consellería de Cultura, participou tamén na reunión a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez. No encontro, os representantes do Goberno galego trasladaron ao Concello de Vigo a necesidade de dar resposta ás consideracións recollidas no informe de Patrimonio Cultural para continuar co trámite do PXOM. Isto será avaliado polos técnicos para, posteriormente, emitir o informe procedente.

Cómpre sinalar, ademais, apuntan dende a Xunta, que a a concelleira de Urbanismo «recoñeceu como erros a non protección patrimonial do Monte do Castro e Fortaleza e do Parque Quiñones de León».

O Plan xeral protexe todos os elementos que así o demandan

Esta última apreciación non coincide coa versión de María José Caride quen insistiu en que o Concello é “absolutamente respectuoso co noso patrimonio e así o deixamos claro na reunión«. A concelleira de Urbanismo salientou que o Plan Xeral non desprotexe elementos que merecen ser protexidos, catalogando 168 elementos adicionais aos que incorporaba o Plan de 2008.

«O que deixou claro a reunión é que Patrimonio non avaliará toda a información remitida polo Concello á Xunta», engadiu Caride. Nesta liña, asegurou que contestará ao informe da Dirección Xeral, «poñendo de manifesto protexemos o noso patrimonio e cumprimos con todos os requisitos legais esixidos».

A concelleira de Urbanismo insistiu en que todos os elementos que Patrimonio cre que deben estar incluídos no catálogo, xa o están e apuntou que «si á marxe deles identifica algún máis que, motivada e singularmente, teña que incorporarse, o faremos». De aí que considerase que «a corrección de erros materiais que puidésemos ter cometido, estará resolta en 5 minutos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.