Comarcas

Renovada a área de recreo de Cesantes

Instaláronse 17 mesas novas, con bancos abatibles

A área de recreo e esparexemento da praia da Punta, en Cesantes, conta con novas mesas e bancos. As concellerías de Medio Ambiente e Infraestruturas, ante o mal estado que presentaba o merendeiro, acometeron os traballos de mellora.

Esta zona verde, que contaba con 24 mesas e os seus respectivos bancos, suma agora un total de 26 mesas. Instaláronse 17 mesas novas, con bancos abatibles, e mantivéronse 9 das xa existentes que conservan en bo estado.

A concelleira Pilar Martínez explica que esta actuación enmárcase dentro dos traballos de mellora que o departamento de Medio Ambiente está a facer no areal e na súa contorna “porque a preocupación do Goberno local é que este espazo natural estea nas mellores condicións posibles tanto para a veciñanza como para os visitantes”.

Nos meses de inverno xa se realizaron varias limpezas na praia e a súa contorna, e agora acondicionouse esta zona verde con novas mesas e bancos “xa que era necesario porque algúns deles estaban moi deteriorados”.

Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que o novo mobiliario fixouse ao terreo cunha base de polímero plástico “que evita o seu deterioro de cara ao futuro”.

Plan +Provincia da Deputación

Así mesmo, o Concello está a levar a cabo os traballos de limpeza das marxes na estrada Santo Paio de Arriba, na parroquia de Reboreda, para poñer en marcha a obra de pavimentación e mellora deste camiño.

A actuación, que consiste na mellora da drenaxe e  a pavimentación da estrada con aglomerado asfáltico en quente, abrangue 346 metros de estrada, cunha superficie total de máis de 2.500 metros cadrados. A obra, que ten un orzamento de  65.510€, está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan + Provincia.

Continuando nesta mesma liña, Villar explicou que o seu departamento conta con varios proxectos para seguir actuando en obras de asfaltado nos vindeiros meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.