Destacados Vigo al minuto

Alerta ante o «colapso» de numerosos servizos municipais de Vigo

A Oficina do Padrón non ten cita dispoñíbel ata o 4 de abril

O Bloque Nacionalista Galego «urxe o Goberno de Abel Caballero a resolver o colapso”que padecen numerosos servizos municipais». Así o vén de denunciar este xoves o portavoz municipal en Vigo, quen puxo o exemplo da oficina do Padrón de Habitantes, que rexistra nos últimos días longas colas dende primeira hora da mañá e non ten cita dispoñíbel até o vindeiro 4 de abril.

‘Parche das citas exprés’

Xabier P. Igrexas, subliña que «o parche das chamadas ‘citas exprés’ que se asignan por orde de chegada non resolven o problema, nin evita que haxa ducias de persoas amoreadas agardando desde ben antes das 8 da mañá na lonxa do Concello”, alertou Igrexas sobre a situación da oficina do Padrón como exemplo máis evidente do “colapso” dos servizos municipais.

Falla de persoal

Unha situación que, a xuízo do nacionalista, ten como causa a falla de persoal da que “unicamente é responsábel o Goberno de Caballero”. Nese sentido, subliñou que existen 344 prazas de persoal municipal sen adxudicar pola inexecución das Ofertas Públicas de Emprego (OPE) dende o ano 2020.

É incomprensíbel que non se estean a aprovisionar, polo menos de maneira temporal, reforzos estábeis a cargo por exemplo da OPE deste ano 2024 que inda está por definir”, lamentou o voceiro do Bloque, lemabrando que este pasado exercicio quedaron sen gastar 15 millóns de euros das contas municipais no capítulo de persoal.

Dende o BNG chamaron por estes motivos a un “cambio radical” na área de Recursos Humanos do Concello para reforzar este departamento “esencial” para o correcto funcionamento da administración e dos servizos municipais.

A falla de xestión do desgoberno de Caballero provoca que a veciñanza non poida recibir a atención e os servizos que merecen porque o Concello non cubre as vacantes nin contrata máis persoal podendo facelo”, remachou Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.