Comarcas

Mondariz contará cun sistema de reciclaxe integrada e recollida de pequenos residuos contaminantes

No marco da campaña ‘A túa man’, da Deputación

O Concello de Mondariz súmase á economía circular e instalará un sistema de reciclaxe integrada para a recollida selectiva de pequenos residuos específicos e altamente contaminantes, así o informa hoxe a alcaldesa en funcións, Elena Naveira.

No marco da campaña “Da túa Man” da Deputación de Pontevedra, o Concello contará cun punto de recollida de residuos sólidos de pequeno formato con espazos independentes de introdución e almacenaxe de distintos residuos (pilas, lámpadas, baterías, residuos electrónicos…).

Elena Naveira analizou o punto de ubicación xunto ao equipo técnico do proxecto acordando colocalo onde os actuais contedores soterrados de recollida de lixo da contorna da praza para que sexa de doada identificación e evitar maiores desprazamentos á veciñanza.

Ademais, o Goberno local, na súa aposta por visibilizar e modernizar o tecido comercial da vila, adianta que colocará un tótem no centro urbano. Un expositor dixital que permitirá difundir o comercio local, lugares de interese, eventos e as potencialidades do Concello. O tótem disporá tamén de entradas de usb para a carga de dispositivos electrónicos.

“Marcaremos unha folla de ruta que vaia dando pasos para pór en valor o noso comercio e modernizalo adaptándoo aos novos hábitos de consumo, formándoos no uso de novas tecnoloxías e promovendo a reciclaxe e a redución e reutilización de lixo”.

O proxecto “Da túa Man” tamén contempla campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais, a adaptación da accesibilidade á contorna comercial, colocación de sinalética integrada, promoción de packaging sostible, instalación de illas ecolóxicas e Sensibilización e formación teórica e práctica de habilidades e uso e xestión de ferramentas tecnolóxicas no comercio, entre outras accións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.