Comarcas

Un túnel de árbores para o Corredor do Morrazo

Coa plantación de 25.000 unidades de especies autóctonas

A Empresa de Servicios Agrarios Galegos (Seaga) vén de comezar a plantación de 25.000 árbores autóctonas para a reforestación das marxes das vías de altas prestacións da península do Morrazo: a autovía (AG-46), o corredor (CG-4.1 e VG-4.6) e o ramal de acceso a Cangas (VG-4.5).

Esta intervención constitúe a fase piloto da Estratexia de estradas verdes que conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros.

Un túnel de árbores para o Corredor do Morrazo

Bidueiros, abeleiras, freixos, pradairos, sorbus e carballos

Os traballos comezaron nos pasados días coas tarefas previas de preparación do terreo pola zona do enlace da Ameixoada, polo que agora estase a comezar xa coa plantación das primeiras árbores frondosas, entre as que haberá bidueiros, abeleiras, freixos, pradairos, sorbus e carballos.

De cara a vindeira semana, as actuacións vanse a continuar polo ramal de acceso a Cangas desde a autovía do Morrazo (VG-4.5.). Neste caso, procederase á roza, sementarase a continuación o terreo con herbáceas para dificultar o crecemento da vexetación invasora e, finalmente, rematarase coa plantación de frondosas.

Así, o ciclo de traballo que se levará a cabo en todo o ámbito da actuación do Morrazo comezará pola eliminación das especies exóticas invasoras; logo, dotaranse as marxes desta autovía e os ramais dunha cuberta vexetal e finalmente, procederase á repoboación con especies de frondosas autóctonas.

Estas tarefas completaranse con traballos de mantemento e consolidación nos primeiros anos, que inclúen rozas, eliminación de rebrotes ou reposición de plantas.

Plantando árbores autóctonas no Corredor do Morrazo

5.600 toneladas de CO2 menos

O remate dos traballos permitirán a implantación final de 25.000 especies frondosas autóctonas nas marxes da autovía do Morrazo, o que permitirá a absorción, ao final dun período de permanencia estimado de 35 anos, de 5.616 toneladas de CO₂.

Protección fronte aos incendios

As actuacións obxecto deste proxecto teñen como obxectivos incidir na protección fronte aos incendios; gañar en eficiencia na conservación das vías autonómicas e avanzar cara á neutralidade en carbono nas estradas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.