Comarcas

Salceda cambiará todo o seu alumeado para aforrar máis dun 60% no recibo da luz

Investirá 1,4 millóns financiados polo IDAE

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82€. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.

Este importante proxecto está financiado na súa totalidade por fondos europeos a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), constituíndo deste xeito a maior subvención da historia de Salceda.

Renovación de 2.780 puntos de luz

Trátase dunha actuación integral no rural a fin de conseguir unha infraestrutura de alumeado segura e eficiente enerxeticamente, para o cal se levará a cabo unha renovación dos 53 cadros e dos 2.780 puntos de luz existentes nas parroquias do municipio, co que se conseguirá reducir o consumo de enerxía en máis dun 60%. A reforma levarase a cabo durante este ano 2024.

Diminución do impacto ambiental

Pars Marcos Troncoso, Concelleiro de Axenda Ecolóxica, este investimento «supón un fito para o
noso Concello, porque ademais de conseguir a renovación completa da rede de alumeado público
e o impacto indubidabelmente positivo que isto suporá en canto a aforro enerxético e económico,
implica tamén un paso adiante en termos de sostibilidade e no compromiso deste Concello por
diminuír o seu impacto ambiental e contribuír na mitigación do cambio climático»
.

Reforma con ‘custe cero’ para as veciñas e veciños

Pola súa banda, Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, asegura que «este proxecto é o resultado do traballo de moita xente ao longo destes últimos anos, que hoxe por fin se fai realidade. Estamos a falar da maior subvención da historia do noso Concello, que nos vai permitir acometer unha reforma fundamental a custe cero para as arcas municipais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.