Centos de veciños esixen na rúa a reforma inmediata a piscina de Teis

Piden tamén a recuperación da pileta da ETEA, cuberta dende 2017

Manifestación este venres para denunciar o "abandono de Teis"

Centos de veciños saíron á rúa este domingo para esixir ao Goberno municipal a reforma inmediata da piscina municipal de Teis. A mesma leva 19 meses pechada, logo do incendio de maio de 2022. Ademáis, os manifestantes pediron a recuperación da pileta da ETEA e a mellora das súas instalacións deportivas.

Dende a Asociación Veciñal, que convocou esta mobilización, lembran que o pasdo mes de agosto, o alcalde anunciara que comenzaba o proceso de reconstrución da piscina pero, «cinco meses despois seguimos sen avanzos, pois aínda non se comezou a redacción do proxecto». Por iso, reiteran que si o Goberno local non considera que este proxecto é unha prioridade «e se pon a traballar», ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina.

Neste sentido, os responsabeis da asociación subliñan que si a piscina da ETEA estivera funcionando, podería cubrir perfectamente a demanda da veciñanza, «que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade».

«Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha, debido a mala xestión do Goberno municipal», apuntan.

Un gran complexo deportivo na ETEA

Os representantes dos veciños comentan que no último escrito enviado a Abel Caballero, trasladaronlle a necesidade de mellorar as instalacións deportivas na ETEA. Isto pasaría pola recuperación da piscina que se cubriu en 2017; incluir un spa e construir un amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.

«Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA».

Máis que Auga

Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un » Mais que auga na ETEA «, como teñen outras parroquias e barrios, «nun lugar único, e dar acceso a todo tipo de actividades, como aerobic, zumba ou mantemento».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.