Destacados Vigo al minuto

Érguete atendeu a máis de 8.000 persoas durante o ano 2023, a cifra máis alta da súa historia

Son 1.305 máis que en 2022

A Asociación Érguete cumpre este ano 39 anos de loita e traballo por mellorar a vida das persoas con adiccións. O soño daquelas nais que se érgueron para protexer aos seus fillos é unha realidade cada vez máis grande. Durante o ano 2023 a Asociación atendeu a 8.012 persoas, unha cifra récord e que supera en 1.305 a do ano pasado.

Sete programas

Para chegar a tantas persoas a Asociación Érguete conta con sete programas de intervención que permiten ofrecer ás persoas usuarias unha atención individualiza e adaptada a súa situación. A coordinadora da entidade, Elvira Rivas, destaca que “estes resultados anímannos a continuar a loita que
comezaron Carmen Avendaño, Dora Carrera e moitas outras nais fai case 39 anos, e a seguir mellorando e innovando nos nosos programas para chegar a todas as persoas que precisen axuda”
.

Un dos programas nos que a entidade pon o foco é o de prevención. Rivas explica que “a nosa prioridade concienciar ás novas xeracións sobre comopode cambiar a vida unha adicción, á vez que lles dotamos de ferramentas para saber dicir que non e ter un ocio saudable”. Os e as profesionais da entidade visitaron cos seus talleres de prevención a 6.838 menores da provincia de Pontevedra e realizaron formacións para 1.103 familias de 15 concellos da área metropolitana de Vigo.

Asesoramento e vivendas de acollida

Rivas tamén quere destacar que, “ademais do de prevención, todos os nosos programas melloraron na súa atención e traballo coas persoas usuarias”. 777 persoas recibiron asesoramento xurídico gratuíto da man dos avogados e avogadas da entidade, 33 persoas residen nas vivendas de acollida que a Asociación ten en Vigo e 192 con condutas adictivas e problemas legais asociados, tamén adolescentes, recibiron un seguimento individualizado, familiar e asistiron a varias formacións na entidade.

Por último, a Asociación Érguete tamén continúa reforzando a súa presenza nos Centros Penitenciarios de A Lama e Teixeiro, axudando a mellorar as condicións de vida en prisión a 153 persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.