Destacados Vigo al minuto

Vigo, centro da produción audiovisual, este sábado na xornada Conecta+

Máis de 20 creadores daranse cita na Sede da Deputación con produtoras de España e Portugal

Máis de 20 creadores daranse cita este sábado na Sede da Deputación en Vigo con produtoras audiovisuais do conxunto de España e do Norte de Portugal na xornada Conecta+. Todos eles foron elixidos por unha comisión de selección integrada por profesionais das directivas de CREA e AGAG que se encargou de avaliar as máis de 80 propostas que se inscribiron ata o 5 de xaneiro para participar no encontro deste sábado.

A vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, será a encargada de dar o tiro de saída a esta novena edición de Conecta +, ás 09:45 horas do sábado, xunto ao presidente de CREA, Fon Cortizo.

Participantes

Os 22 creadores seleccionados que participarán no encontro son; Samuel Lema, Jorge Navarro e Elena
Martínez co proxecto “Viven al lado”; Sara Casasnovas con “Alevosía”; Pedro Díaz coa iniciativa “Serenade”; María Hervera con “Serviam”; André Guiomar coa produción “O que resta”; Helena Santín con “Vi la noche que nunca se acaba”.

Tamén, Alberto Díaz e Kyong Sik Suh Oh co audiovisual “Merlo Branco”; Sergio Daniel Alonso e Miguel Pertejo con “Aldeaseca”; Servando Vidal co proxecto “Llamadme Anthony Farrar”; Rebeca Novo con “A mis amigas”; Teresa Barberena coa iniciativa “Terrores cotidianos”; Ángela Andrada e Fernando Tato con “Resurrection”; Sara Hermo coa produción “Brétemas”; Pablo Fontenla, Ángel de la Cruz e José Antonio Pastor con “Ti, Jane”; Simón Casal con “A Contra armada”, Simone G. Saibene co audiovisual “Cine Paraíso, Leiro”; Álvaro Liste e Alejandra Aguirre con “Pausa na Presa”; Adrián Castiñeiras e Fernando Tato co proxecto “La ira”; Claudia Brenlla con “Illa, isla”; Gutier Rolán coa peza “El sótano del alcalde”; Héctor Carré con “A senda escura” e Antonio Nogueira co audiovisual “Crazy Diamonds”.

Creacións

Asi, entre as 10:00 e as 12:30 horas, todos eles terán a oportunidade de presentar as súas creacións a algunhas das produtoras máis activas do panorama español entre as que se atopan RTVE Cine; A Contracorriente; Sentido Films; Sétima; Frida Films; Ollo Vivo; Portocabo; La Región; Miramemira ou Gaita Films. Delasrecibirán orientacións para fortalecer os seus proxectos ou desenvolvelos así como asesoramento sobre a súa viabilidade económica. Ademais, e por vez primeira na historia de Conecta+, as persoas seleccionadas para participar na xornada tamén poderán presentar as súas ideas a empresas do norte de Portugal como FilmesDaMente, Pixbee ou O Olhar de Ulisses.

“Desmontando o dossier de venta”

Tralas reunións e encontros entre creadores e produtoras audiovisuais de España e Portugal, xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, terá lugar o coloquio “Desmontando o dossier de venta” co que se porá fin a esta novena edición de Conecta+.

Qué é ‘Conecta+’?

Conecta+ enmárcase na iniciativa Conecta Lab, programa impulsado pola Deputación de Pontevedra
xunto con CREA, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e a única entidade española
especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais, DAMA, para acompañar, impulsar e
promover seis proxectos audiovisuais emerxentes de proxección. Conta con financiación da Unión Europea a través de NextGenerationEU, co patrocinio da Axencia Galega de Industrias Culturais, da SGAE e de AGAG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.