Premio á Musealización das galerías da Fortaleza do Castro e ao Paseo de Bouzas

Son dous dos catro acadados por obras realizadas na nosa cidade

Abertas as visitas guiadas á Fortaleza do Castro

A Musealización das galerías da Fortaleza do Castro e o Paseo de Bouzas son dous dos proxectos premiados polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Asi, as Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrarán o vindeiro 20 de xaneiro o acto de entrega dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2023 na vila de Celanova.

Estas distincións, que foron falladas no mes de novembro, son un «recoñecemento ao labor conxunto e necesario de todos os axentes que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade». O mesmo distingue obras desenvoltas nas demarcacións de Vigo, Pontevedra e Ourense.

En total resultaron galardoadas 13 obras (7 situadas na área de Vigo, 3 na área de Pontevedra e 3 na área de Ourense)

Proxectos premiados en Vigo

Vivenda unifamiliar entre medianeiras (R/ Ferreiros, 37. Vigo) Marcos Álvarez Varela. O galardón outorgouse por unha rehabilitación de vivenda entre medianeiras no contorno dun PERI. Apoiándose nos muros existentes proxéctase unha vivenda de espazos interiores diáfanos e iluminados, aproveitando ao máximo o pouco espazo existente.

Musealización das galerías e posta en valor da fortaleza de O Castro. Francisco Javier Vázquez Fernández e Perfecto Cendón Domínguez

Recoñécese esta obra pola singularidade da intervención, que transforma o angosto espazo dunhas galerías defensivas nun espectacular percorrido museístico sen apenas intervir sobre o existente.

Rexeneración do paseo da fronte marítima da vila de Bouzas. Ángel Jaime Santorio Cuartero

Distínguese a rexeneración dun fronte marítima deteriorada que recupera a esencia do lugar aplicando diferentes solucións estratéxicas. O proxecto «aporta enerxía e vida ao lugar, potenciando os valores naturais do litoral, a protección do patrimonio e a conexión directa e accesible dos veciños da cidade ao mar».

Edificio de 17 vivendas, garaxe e rochos (Rúa Pi y Margall 18-22). Alberto Quintáns Arrondo e Cristina Margarita Ansede Viz

Prémiase a súa integración e diálogo no contorno urbano, a súa perfecta execución a todas as escalas, desde a proposta estrutural, o sensible tratamento da pel á delicada execución dos pequenos detalles que xeran uns espazos xenerosos moi iluminados e de gran calidade.

71 proxectos

Este ano presentáronse 71 proxectos, de moi diversas escalas e localizacións, que son o resultado que aglutina o mellor dos arquitectos e dos axentes de obra que os acompañan no proceso construtivo (aparelladores, promotores, enxeñeiros ou construtores) Trátase de obras de carácter urbano; habitacional; industrial; comercial ou paisaxístico. Tamén con escalas tamén moi diferentes: desde pequenas intervencións, case estratéxicas, a outras que mesmo resolven espazos urbanos a escala de cidade.

Premios Gran de Area

Os premios Gran de Area naceron en Vigo no ano 2001 co obxecto de poñer en valor e contribuír á harmonía entre arquitecto e promotor, e para acadar o mellor resultado arquitectónico e construtivo posible, converténdose na maior aposta e pulo para o recoñecemento social desta disciplina. Dada a expectación que xeraron, o certame ampliouse as delegacións de Pontevedra e Ourense.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.