Comarcas

As ‘Bolsas de Comedor’ de Redondela chegan preto de 4 meses despois de comezar o curso escolar

Para 41 nenas e nenos de Infantil e Primaria

As 'Bolsas de Comedor' de Redondela chegan preto de 4 meses despois de comezar o curso escolar

O Concello de Redondela vén de informar de que un total de 41 nenos e nenas dos cursos de Infantil e Primaria contan con bolsa de comedor municipal neste curso 2023/24. Estas axudas da concellería de Servizos Sociais, destinadas a familias con problemática socio-económica, que cobren a totalidade dos gastos do comedor escolar, chegan preto de 4 meses despois do comezo do curso.

95 solicitudes

Asi, para o presente curso houbo 95 solicitudes, das que 38 xa foron excluídas da convocatoria por non cumprir cos requisitos, renuncia das familias ou por traslado de domicilio. Según a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, “todo o alumnado usuario do departamento de Servizos Sociais conta coa axuda de comedor, e os que quedaron fóra tras esgotarse o crédito tiñan unha puntuación que oscilaba entre os 11 e os 4 puntos , e non tiñan informe dos servizos municipais”.

40.000 euros

Vilaboa engade que, malia o encarecemento do prezo do comedor, que pasou dunha media mensual de 100 euros do ano pasado aos 140 euros deste curso “o Concello segue a axudar a un gran número de familias que o necesitan”. Ademais, apunta, a partida para esta subvención é de 40.000 euros, «logo de incrementarse o orzamento para o presente curso con 10.000 euros máis».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.