Destacados Vigo al minuto

Este xoves, nova manifestación de Vitrasa

Coincide cunha nova convocatoria de reunión negociadora coa empresa

O Comité de empresa de Vitrasa convoca este xoves unha nova manifestación que sairá ás 19:00h. dende a Praza de España. A mobilización prodúcese logo de coñecerse o aumento do prezo do billete desde o pasado día 1 de xaneiro e coincide coa convocatoria a unha nova reunión negociadora entre os sindictos e a Dirección da concesionaria.

Reunión

En relación con esta nova xuntanza, dende o Comité de Empresa lembran que «o colectivo de traballadores e traballadoras de Vitrasa somos o máis afectados polo actual estado de folga e é por iso que non temos maior interese por alongar unha situación na que somos os maiores prexudicados».

Asi mesmo, subliñan que a súa intención foi, «en todo momento», desbloquear o conflito; é por iso que, a pesar de non chegar a entendemento en anteriores reunións, realizaron unha revisión da plataforma inicial de convenio que entregaron á empresa pra a súa valoración.

Documentación pendente

Con todo, engaden dende o Comité, que desde a primeira reunión solicitaron á empresa unha «documentación imprescindible» para poder valorar e realizar posibles ofertas no marco da negociación. «Confiamos en que a pesar de non realizarse a entrega desta documentación, a disposición para negociar da dirección de Vitrasa (situación que vimos demandando dende hai tempo) seá positiva e dita documentación nos sexa entregada antes da reunión».

En caso de que non fose así, entenden que se atoparía, «novamente», cunha «reunión baleira de contido e na que chegar a acordos resultará practicamente imposible». Con todo, conclúen dende o Comité, «reiteramos a nosa total disposición a chegar a acordos para darlle unha pronta solución ao conflito».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.