Galicia

Besteiro anuncia que a Autovía A-6 abre ao tráfico o día 30, dirección Madrid

A circulación cara á Coruña estará recuperada en 2024

Besteiro anuncia que a Autovía A-6 abre ao tráfico o día 30, dirección Madrid

O presidente da Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou esta mañá que o vindeiro 30 de decembro se reabre ao tráfico a autovía A-6 en
dirección Madrid, tras finalizar a reconstrución dos dous viadutos do Castro entre Pedrafita do Cebreiro e Vega de Valcarce (León). A circulación recuperará así a normalidade neste tramo despois de intensificarse os traballos para restablecer a conexión de Galicia coa meseta.

Cumprense os prazos

Besteiro salientou “o estrito cumprimento dos prazos». “Dunha forma rapidísima e con moitísima contundencia investíronse por parte do Estado 70 millóns de euros para recuperar de xeito urxente, rapidamente, o viaduto que colpasara hai aproximadamente pouco máis dun ano. Nun tempo récord recuperouse a conexión coa meseta e con Madrid”, apuntou.

Declaracións de Besteiro sobre a apertura da Autovía A-6
Reconstrución de dous viadutos

O 30 de decembro abrirase ao tráfico no sentido a Madrid tras a reconstrución dos viadutos pequeno e mediano neste tramo; coa finalización das obras de instalación do sistema de contención; as probas de carga e a sinalización e balizamento, entre outras cuestións.

A apertura da calzada sentido Madrid permitirá aliviar o tránsito de vehículos pola travesía de Pedrafita do Cebreiro, por onde actualmente se deriva todo o tráfico da autovía en ambos sentidos.

Dirección á Coruña

Ademais, agora mesmo, estanse executando de forma paralela e coordinada os traballos correspondentes ás cimentacións de pilas do viaduto grande na calzada, sentido A Coruña. O tráfico permanecerá, nesta primeira fase de apertura, circulando pola autovía A-6 ata o quilómetro 428, no que se incorporará á N6 ata o 432, podendo neste punto reincorporarse de novo á autovía.

Os traballos no maior do viaduto “permitirán a apertura completa da circulación en sentido á Coruña no 2024”, engadiu Besteiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.