Cultura

Preguntan a Caballero cando vai instalar as luces de Nadal, xa pagadas, fóra do centro

O BNG lembra que estamos a metade de decembro

O Bloque Nacionalista Galego pregunta a Abel Caballero cando se van instalar as luces de Nadal fóra do centro de Vigo. Neste sentido, os nacionalistas piden que o Goberno local aclare cando ten previsto completar a colocación do alumeado nas 450 rúas comprometidas no contrato, subscrito por 2,3 millóns de euros anuais e que inclúe a instalación de 6.000 estruturas e 4.000 arcos.

«Máis do dobre que o gasto en axudas sociais«

«Estamos a 14 de decembro e unha parte importante deses elementos aínda non foron instalados e un bo número de rúas, fóra do centro, continúan sen alumeado de Nadal», cuestionou o portavoz municipal do BNG de Vigo. Xabier P. Igrexas, lembra que o custo do alumeado e decoración aumentou até un 60% nos últimos tres anos, o que supón máis do dobre de gasto do que o Concello destina a axudas sociais.

Cando?

Igrexas interpelou o alcalde para que informe se finalmente se van colocar todos os elementos e cando ten previsto facelo. No caso de que non se instalen, Igrexas esixiu que Caballero aclare se vai descontar do pago o alumeado sen despregar.

«O que non pode pasar é que por causa do incomprensíbel atraso na licitación do novo contrato, que se formalizou o pasado 8 de novembro cando estaba previsto o inicio da instalación en agosto, paguemos por traballos que non se realizaron totalmente», remachou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.