Destacados Vigo al minuto

Concentración este xoves contra a corta de carballos en Navia

Ás 16:00h. diante do Centro de Saúde

Concentración este xoves contra a corta de carballos en Navia

Como informou vigoalminuto, hai uns días comezaron os traballos de corta que dan inicio ás obras da primeira fase da  Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia, a construción do polígono 1. A mesma, abrangue a edificación dunhas 38 vivendas dun total de 1.600 previstas na ampliación.

Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), manifestan o seu rexeitamento a un proxecto urbanístico que «vai destruír de forma definitiva o pouco que quedaba dun dos poucos anacos de bosque atlántico dentro da zona urbana da cidade de Vigo»

Por iso, convocan este xoves, ás 16:00h. diante do Centro de Saúde do PAU de Navia, unha concentración, «á que convidamos a asistir á toda a veciñanza».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.