Galicia

Desaloxan aos representantes sindicais que se pecharan na Consellería de Educación

O conselleiro negouse a fixar unha reunión con eles

A CIG-Ensino, sindicato maioritario neste sector, segue coas «accións reivindicativas, até conseguir que o conselleiro atenda as demandas que expresou o profesorado galego». Os profesores e profesoras participaron xa en dúas convocatorias de folga no mesmo trimestre, «asistiron masivamente a tres manifestacións», e realizaron accións de protesta desde máis de 330 centros educativos.

Recuperar dereitos

«Non imos consentir que se siga desprezando así o colectivo docente, debémonos a quen nos votou hai un ano cun programa electoral que mantemos firmemente na súa esencia, que é a de recuperar os dereitos que nos recortaron», sinalan dende CIG-Ensino.

Asi, manteñen, perderon eses dereitos en materia de horario e retribucións e queren avanzar en cuestións como a baixada de ratios e a eliminación da burocracia. «Porén, amosamos a nosa vontade negociadora a dilatar en dous anos a recuperación das 18 e 21 horas lectivas que vimos recortadas hai 12 e 14 anos respectivamente e a que a aplicación da redución das ratios en todas as etapas educativas teña como duración o máximo tempo de cada unha delas».

Unha consellería «pechada no seu búnker»

Os representantes dos profesores subliñan que están cedendo nas súa pretensións iniciais, «pero o que nos atopamos é a unha Consellaría pechada no seu búnker e ao seu titular que non ten en conta a representación do 60% do profesorado».

Por iso, hoxe «aquí viñemos recordarlle que o profesorado non se vende nin se rende e que continuaremos con estas e outras accións até conseguir avances», declarou Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, no momento en que a Policía procedeu á identificación e ao desaloxo das 11 representantes sindicais, «por orde dos cargos políticos de Educación».

Pedindo unha reunión con Román Rodríguez, dende hai más dun mes

As tres organizacións lembran que levan desde o 2 de novembro apelando ao titular de Educación a que reciba aos sindicatos maioritarios, «e rectifique o acordo asinado cunha minoría». A última vez que se dirixiron a el foi mediante un escrito que lle foi remitido o pasado 4 de decembro e, «coma hoxe, lle seguiu o silencio por resposta»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.