O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Axenda Ecolóxica, avanza no coidado das colonias de gatos existentes no casco urbano do municipio. A xestión realízase a través dun grupo de voluntariado en coordinación co concelleiro, que se encargan tanto da alimentación e coidado dos felinos como da xestión das esterilizacións, que se realizan nas clínicas veterinarias locais.
Rexistro e control de felinos
Asi, o mesmo grupo de voluntariado é o encargado do desenvolvemento do método CER para o rexistro e control dos felinos. Tamén, encárganse de promover a adopción entre a veciñanza, contando neste momento xa con 7 adopcións realizadas, todas elas de crías recollidas das colonias.
Ademais, o Concello instalou refuxios nas zonas onde se ubican as colonias, para contribuír a dignificar a vida dos felinos e a mellorar as súas condicións de salubridade.
Colaboración
Dende o grupo de voluntariado faise un chamamento para que sexan máis as persoas que se animen a colaborar nesta iniciativa, tanto realizando labouras de coidado e seguemento das colonias, como participando nas adopcións que se promoven dende o grupo, e que se fan públicas no perfil de facebook “Adopciones Salceda de Caselas”.
Para a alcaldesa, Loli Castiñeira, “Salceda tiña unha débeda na xestión das colonias felinas, e queremos que esta sexa a lexislatura que dea solución a esta histórica demanda veciñal. O concelleiro de Axenda Ecolóxica xunto co voluntariado e as clínicas veterinarias están a facer un traballo exemplar do que non podo sentirme máis orgullosa”.
