Deportes

O ‘Bono Deporte’ de 120€ estará activo o 8 de xaneiro

Para todas as familias con rapaces de entre 6 e 16 anos

O presidente da Xunta anunciou que as familias poderán descargar a partir do 8 de xaneiro o Bono Deporte de 120€. Poderán acceder as que teñan fillos, de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade. O obxectivo “é chegar a 135.000 rapaces e rapazas” para o que o Goberno galego vai investir “máis de 16 millóns de euros”.

Alfonso Rueda adiantou esta nova nunha visita a dous pavillóns deportivos do Porriño e subliñou que o Bono Deporte vai axudar ás familias a sufragar o 80 % das compras en material de equipamento ou do custe da asistencia a clases de actividades deportivas. O obxectivo é promover a práctica de exercicio entre os máis cativos. “Se fomentamos o deporte e conseguimos que o ocio de moitos rapaces -agora que hai moitas alternativas- sexa o deporte, estaremos facendo algo bo”, indicou o presidente.

Poderá empregarse ata o 1 de xullo de 2024

Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas e poderán facer uso del ata o 1 de xullo. Onte o Diario Oficial de Galicia publicaba a convocatoria das axudas, así como as condicións e prazos para as entidades que se queiran unir ao programa. Poderán facelo desde este martes, día 12, ata o 30 de decembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.