Comarcas

Nigrán impulsa as compras no comercio local, este Nadal

#EuSonDeMercarEnNigrán engloba 33 establecemnetos, de xoiarías a panaderías

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, inicia hoxe a campaña especial de Nadal de promoción do comercio local #EuSonDeMercarEnNigrán.

Un total de 33 negocios de todo tipo se inscribiron este ano nesta iniciativa aberta a todos os comerciantes do municipio e que inclúe reparto de 8.000 bolsas de algodón entre os establecementos, envoltorios de papel, cartalaría en vallas e redes sociais, anuncios publicitarios. Como xa é habitual, os propios ‘tendeiros’ son os protagonistas de toda a campaña.

Tendas de roupa, ferreterías, ópticas, hostalería, tendas agrícolas, parafarmacias, xoiarías, panaderías… forman parte grazas ao rostro de cadanseu dependente e, xuntos, representan a todo o tecido comercial da localidade.

«O obxectivo é subliñar ante a nosa veciñanza e visitantes que temos un tecido de pequeno comercio moi variado e que paga a pena», sinalan dende o Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.