Destacados Vigo al minuto

A Xunta contrata o proxecto do Instituto de Navia e reclama ao Concello que asine o convenio para ceder os terreos

O alcalde non se fía e propón un texto alternativo

A Xunta contrata o proxecto do Instituto de Navia e reclama ao Concello que asine o convenio para ceder os terreos

A delegada da Xunta en Vigo informou hoxe de que o Goberno galego vén de contratar o proxecto de construción do novo instituto de Navia, por un importe de 328.118,12€. Ana Ortiz sinalou que a Xunta segue «á espera de que o Concello formalice o convenio para a cesión dos terreos, condición necesaria para a súa execución».

Nunha carta, Ortiz informou ao alcalde dos avances para a construción do instituto e remitiulle, de novo, o borrador do convenio. A delegada lémbralle ao rexedor que debe axilizar a formalización do convenio para a posta a disposición dos terreos e, deste xeito, poder continuar co proxecto e a adxudicación das obras.

“A proposta do convenio xa recolle o compromiso indubidable da Xunta de avanzar na construción da infraestruturas e o cadro de investimentos que levará a cabo nas diferentes partidas orzamentarias, ata un total de 14 millóns de euros”, asegura Ana Ortiz.

Partidas orzamentarias

Así, no convenio, apuntan dende a Delegación, a Consellería de Educación comprométese á licitación das obras con cargo á aplicación orzamentaria e que, conforme os orzamentos de Galicia, ten previstos 103.769,45€ no ano 2024; outros 6.761.639€ no 2025 e a mesma cantidade, 6.761.639€ no 2026.

Como informara no seu día vigoalminuto, en abril de 2022 a Xunta de Galicia remitiu ao Concello a proposta do convenio de colaboración para a cesión de terreos (estos son xa propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), así como para garantir os permisos municipais necesarios para acometer as obras.

700 alumnas e elumnos e 8.200 m2 de superficie

De acordo co plan funcional inicial, o novo instituto terá capacidade para arredor de 700 alumnos; ocupará unha superficie de 8.200m2 construídos, sobre unha parcela de 12.576m2 totais.

Caballero non cre á Xunta

Pola súa banda, Abel Caballero, quen hoxe cualificou de «trolas, trolas e máis trolas», os anuncios de Alfonso Rueda sobre as inversións da Xunta en Vigo no ano 2024, négase a asinar o convenio proposto pola Consellería de Educación.

O alcalde declarou, en incontábeis ocasións, que non se fía do presidente e tampouco do seu conselleiro de Educación. Asi, en outono de 2022, tachou a proposta de Román Rodríguez sobre o instituto de Navia de «un novo engano». Daquela, rexeitou que o Goberno galego pretendese que o Concello puxese o chan sen asumir compromiso algún.

Ao mesmo tempo, lembraba que o conselleiro tiña na súa man a versión do convenio que propón o Concello de Vigo. No mesmo, sinalaba Caballero, recóllense prazos, orzamentos e compromisos concretos.

Decalaracións de Abel Caballero en outono de 2022

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.