Comarcas

O Porriño contará cun novo Auditorio Municipal, neste mandato

Estará xunto ao Centro Cultural Municipal

O Porriño contará cun novo Auditorio Municipal, neste mandato

O Concello do Porriño avanza na resposta a unha das grandes necesidades deste pobo: a construción dun auditorio municipal . Trátase dunha das maiores demandas da veciñanza que ata o de agora non conta cun espazo en condicións ao servizo da cultura, o ocio e o entretemento.

“Como sempre dixen para min é un reto que O Porriño se convirta tamén  na cidade da Cultura. Temos o esencial, un tecido asociativo veciñal e cultural con iniciativa e moi dinámico, unha programación cultural anual e unha veciñanza con enormes inquedanzas, pero carecemos de instalacións propias que nos permitan localizar e visibilizar toda isto”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Necesitamos un auditorio á altura do Porriño”.

Xunto ao Centro Cultural

A tal fin, o Gobeno Municipal da o primeiro paso e levará a pleno o investimento necesario para poñer en marcha este proxecto. Asi, o novo auditorio municipal erixirase xunto ao Centro Cultural Municipal, cunha ampliación do edificio que se completará coa urbanización do conxunto da parcela e da rúa Fernández López, aledaña ao mesmo.

O conxunto conectará sos outros equipamentos culturais da zona: o Círculo Recreativo Cultural, o Centro Cívico e o local multiusos municipal, «creando así un espazo público de calidade accesible a todos os veciños».

Preto de 2,3 millóns

A inversión estimada para a execución da nova sala e a urbanización do conxunto da parcela é de 1.871.870 euros, aos que hay que sumar 360.000 para a renovación a Fernández López. Estímase asimismo necesaria unha partida de 30.000 euros para a dirección de ambas obras no momento da súa execución polo que o importe total da inversión proposta será de 2.261.870 euros.

“Estamos ante un investimento necesario dado que o aforo do actual auditorio resulta insuficiente para as necesidades reais da veciñanza, tendo que acudir a entidades privadas como é o Círculo Recreativo Cultural para dar cabida a algún dos eventos programados polo Concello”, asegura o alcalde.

Financiación

Sobre a financiación da obra, Lorenzo apunta que “están en trámite diversos convenios con axentes financiadores externos como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Estado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR- Fondos NextGeneration EU). O concello incorporará como aportación municipal a este proxecto a cantidade de 900.000 euros, a través dun crédito extraordinario”.

“Será unha realidade e antes de que remate esta lexislatura abrirá as súas portas, comprométome”, concluíu Lorenzo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.