Galicia

O Centro Saladino Cortizo, sen especialista en Audición e Linguaxe dende o inicio do curso

Pais e Nais de alumnos, indignados e defraudados coa Consellería de Educación

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) de alumnos do CEE Saladino Cortizo, vén de expresar a súa indignacién e preocupación pola ausencia da especialista en Audición e Linguaxe. O centro carece del dende principio de curso e a ANPA presiona á Dirección do centro para que o alumnado do ciclo de Tránsito á Vida Adulta reciba ese servizo adecuadamente.

«Dende o centro comunícanos que está solicitado tanto en inspección como na xefatura territorial [da Consellería de Educación] e que de momento non teñen resposta», apuntan dende a ANPA. Con todo, engaden, tamén din que a ratio está cuberta, non así as necesidades. «Necesidades que son imprescindibles nun alumnado que non só ten carencia verbal senón tamén motriz«.

O trimestre perdido

Asimesmo, nais e pais aseguran que o trimestre está perdido e que o alumnado non está recibindo un servizo que lle corresponde. «Non esquezamos que estamos a falar do único centro Público de Educación Especial do Sur de Pontevedra«, subliñan.

Falla de vontade

Para a ANPA, dicir que non se cubre porque non existe a figura de comisión de servizo para aquelas persoas que se forman en cursos, «pagados pola administración», en sistemas de comunicación alternativos tanto visual, auditivos e táctiles e que non poden solicitar esas prazas “vacantes”, sen adxudicar porque non están convocadas, nin existen,» é tirar pedras contra o noso propio tellado».

Asi, subliñan, «hai xente formada coma a persoa que desempeñaba ese traballo ata o de agora, pero non hai vontade de facilitar que estas persoas traballen e ocupen estas vacantes, xa que tan só se pensa en aforrar cartos e tratar ás crianzas que se forman neste Centro coma meros números».

Denigrante

As nais e pais entenden que «é denigrante» que un centro de educación teña estas carencias tan elementais para que nalgún momento poidan desenrolarse e comunicarse de forma autónoma. Esta vacante sen cubrir de Audición e Linguaxe súmase a ausencia da Traballadora Social que fai dous anos sacaron do Centro. «Unha figura fundamental para este centro que segue sen existir e que imposibilita que a maioría das familias vulnerables do centro que son case a metade das nosas familias asociadas poidas ter o dereito de asesoramento claro e directo, polo que son as rapazas e rapaces do centro quenes pagan a súa ausencia».

É por todo isto que dende a ANPA aseguran sentirse «defraudados polo Conselleria de Educación que non entenden as necesidades ESPECIAIS dun centro de Educación Especial».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.