Galicia Vigo al minuto

Máis de 161 concellos izan a bandeira galega en conmemoración dos 105 anos da I Asemblea Nacionalista

Se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918

Durante esta semana,  a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestra de todo pais. Está acción enmarcase na campaña que Vía Galega vén desenvolvendo para divulgar e propagar os nosos símbolos nacionais, o himno e a bandeira.

I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

Elixiron esta semana, do 13 ao 18 de novembro, para conmemorar a efeméride da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918. Cúmprense, por tanto, 105 anos  daquela  I Asemblea Nacionalista. 

Por iso, hoxe, 18 de novembro, realizaron actos expansivos en diferentes localidades de toda Galiza. «Temos a confirmación  de que 165 localidades izaron a bandeira e,  xunto co izado, 51 localidades realizaran un acto, no que se recitaron  poemas relativos a nosa bandeira, houbo actuacións musicais  e leuse o manifesto referido  a xénese e significado dos nosos símbolos; á relevancia do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercer e existir como galegos e galegas».

Entre estas localidades  están   Compostela, A Coruña, Vigo , Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Teo, Ribeira, Outes, Pobra, Muros, Mazaricos, Arzúa, Fene, San Sadurniño, Cedeira, A Guarda, Melide, Foz, Moaña, Pobra de Brollón, Samos, Salceda, Tui,  Rianxo, Oroso, Taboada  Brión, Redondela,  Melide , Arzúa, Corcubión, Narón, Pontedeume ou Soutomaior.

Para  moitos destes actos  contouse co apio dos concellos, no que ten que ver  coa localización, a autorización e o apoio loxístico para colocar a bandeira para que siga ondeando no futuro. «Temos, tamén, o compromiso doutros concellos que, por diferentes motivos, hoxe, non lle foi posíbel, mais que teñen  o compromiso  de colocala no futuro».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.