Vigo al minuto

‘Ultraluz’, ‘A Movida Literaria’ e ‘Culturgal’: oferta cultural da Deputación na sede de Vigo

Comeza este mesmo xoves, día 16

'Ultraluz', 'A Movida Literaria' e 'Culturgal': oferta cultural da Deputación na sede de Vigo

Marta Fernández-Tapias, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, presentou este luns a aposta do organismo provincial para a súa sede viguesa. A mesma abrangue tres programas que se suman á oferta cultural. Ultraluz, A Movida Literaria e Culturgal.

Novembro e decembro

Os mesmos incorpóranse ao calendario dos vindeiros meses de novembro e decembro, con 22 nomes propios da cultura e 9 actuacións que «manterán unha intensa actividade» na rúa Eduardo Chao do Casco Vello vigués con entrada libre.

Fernández-Tapias, quen compareceu ante os medios acompañada pola escritora Ledicia Costas, o director de Culturgal, Camilo Franco, e Pablo Vázquez en representación de A Movida, salientou que «este ciclo é importante, tanto polo seu contido como polo fondo». Asi, lembrou, «un dos obxectivos irrenunciables da Deputación é o de recuperar para Vigo o seu papel como referente cultural”.

Neste sentido, engadiu que a cidade «berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.

«Non pretende ser un espectáculo de masas»

A vicepresidenta sinalou que esta proposta se define polo “talento artístico e a diversidade dunha aposta que, nas súas propias palabras, “non pretende ser un espectáculo de masas, senón dirixirse a todos os públicos cun deseño que transita entre a literatura, a poesía, a música, o debate ou a interpretación”.

‘A Movida Literaria’

Este ciclo inicairase con ‘A Movida Literaria’, este xoves, día 16, ás 19:30h. Inma López Silva, Francisco Castro; María Xosé Porteiro; Pedro Feijóo e Recina Vega participarán na sede viguesa da Deputación nun coloquio sobre a novela negra e social. Co mesmo formato, o día 29 será a quenda de Marcos Calveiro, Ledicia Costas, María Reimóndez e Manuel Esteban, que establecerán un diálogo sobre a literatura infantil e xuvenil, tamén dende as 19:30h.

‘Untraluz’

Sobre Ultraluz, sinalou que o tándem formado por Ledicia Costas, unha das escritoras galegas máis laureadas, traducidas e reeditadas, e Amaro Ferreiro, compositor de recoñecido prestixio e talento, “é unha aposta segura”.

“Ambos os dous levarannos ao bosque de Ultraluz, nunha viaxe sensorial, unha experiencia artística exquisita que dá vida á obra de Ledicia, gañadora do XX Premio de Poesía Afundación”, anotou. Un espectáculo que terá lugar na sede viguesa da Deputación o 19 de decembro en Vigo, ás 20.00 horas, e ao día seguinte no Museo Provincial de Pontevedra.

Culturgal

Para terminar, o 23 e 24 de novembro, en tres sesións cada día ás 18; 19 e 20:00h., a sede de Eduardo Chao no Casco Vello acollerá da man de Culturgal «unha combinación perfecta entre literatura, poesía e música». A este respecto, Fernández-Ta`pias salientou que “esta feira, escaparate das culturas galegas e de recoñecido prestixio, tiña que ter a súa réplica en Vigo”.

 Así, na primeira xornada Alba Garrido e Iría Morgade charlarán sobre memoria histórica, ás que seguirán os recitais poéticos de Iolanda Zúñiga e Velpister, para rematar coa música de Catuxa.

Ao día seguinte, catro Premios Xerais falarán de literatura; María Lado demostrará que “Non fai falta ler poesía”, e Leilía encargarase do peche deste Culturgal estendido con motivo da súa xira de despedida, “Voume, pero non me vou”.

A Cultura, `pedra angular’

Marta Fernández-Tapias concluiu subliñando que “Vigo ten un potencial cultural inmenso, que hai que coidar, atender e mimar, porque ata agora non se facía” e lembrou: «dixemos que a Cultura ía ser unha pedra angular na xestión desta nova Deputación» e, engadiu, «este ciclo cultural comeza a darlle forma”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.