Vigo al minuto

A Favec, desbloqueada

A xuntanza esta mañá co Tenente de Alcalde.
A xuntanza esta mañá co Tenente de Alcalde.

Preto dunha hora e cuarto moi satisfactoria para todas as partes. A nova directiva da Federación Veciñal ‘Eduardo Chao’ tivo o seu primeiro cara a cara co tenente de Alcalde, Santi Domínguez, para tocar algúns dos temas que máis interesan aos vigueses nestes intres, como o albergue no barrio de Ribadavia, a rexeneración do Casco Vello ou a implantación do plan municipal de bibliotecas, por exemplo, pero na que se asentaron os cimentos do que pode ser unha colaboración a través dun convenio.

A federación veciñal, nunha situación económica “precaria”, asinará un novo convenio con este departamento para 2011 que se concretará a finais de ano pero que será similar ao de 2008, no que se lle concedera á Favec 75.000 euros para o desenvolvemento de actividades de xeito estable. Un respiro para a federación, que nestes intres só contaba con financiación aillada para algunhas actuacións como o Move-Vigo.

Outros temas

Na que foi a primeira de moitas outras reunións vindeiras, Domínguez abordou temas como o proxecto do albergue municipal, sobre o que a Federación Veciñal fixará o seu posicionamento este venres nunha asamblea xeral. Tamén falaron da recuperación do Casco Vello, neste momento co 80 por cento das obras de humanización executadas e cun 50% das rehabilitacións feitas.

También te puede interesar